19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

especificamente a P. ochruros (3C). J. Rodríguez recolle tamén para esta especie raborruzo, en

Hermisende (13B). X. R. Reigada recolle a voz chincoparedes para P. ochruros na comarca de Verín

(22B). Tamén para P. ochruros, A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez recollen barrigadodre na comarca de Verín (23B).

● Dicionarios consultados. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, trae a entrada ferreiro como termo xenérico para toda a familia de Parus e

mais para Phoenicurus ochruros; na entrada "páxaro" ou "paxaro" inclúe tamén a subentrada páxarocarbón,

que fai referencia a P. ochrurus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X.

M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle raburrubio, rabirrubia, chasco,

curroxo, ferreiro, negreira, paxaro carbón, tizón, paxaro negro e paxaro negreira como

sinónimos específicos para P. ochruros. Nos outros dicionarios consultados, non se atoparon

denominacións nin xenéricas nin específicas.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, a maior parte das denominacións fan

referencia aos dous trazos máis rechamantes deste paxaro: a cor negra dos machos na época de cría,

como a do carbón, e a vistosa cor rubia do rabo tanto dos machos como das femias, presente todo o

ano (igualmente ruzo -raborruzo-, que significa vermello e agrisado). O modificador común indica

que Phoenicurus ochruros é a especie a máis habitual dos rabirrubios. Tremerrabos refírese aos

característicos movementos que fai co rabo, que mesmo parece que lle trema. Non se encontrou unha

explicación para gumba. Ferreiro e similares parecen denominacións máis propias do xénero Parus,

pois o canto deses paxaros pode lembrar mellor que P. ochruros os golpes metálicos que dá o ferreiro

ao traballar. Pisco é unha denominación ben máis propia de Erithacus rubecula, que tamén se usa

popularmente para P. ochruros. X. R. Reigada, en relación con chincoparedes, apunta que “chinco”

pode facer referencia ao son de alarma que emite e “paredes” ao seu lugar de nidificación (22B). Non

se achou unha explicación clara para barrigadodre (odre: coiro dun animal, pelello de viño), non

sendo pola súa cor acincentada ou polo aspecto gordecho.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Pedreiro, que alude a

que pousa nas pedras, é unha denominación moi inespecífica, usada na lingua galega para paxaros un

tanto diferentes: localmente para Phoenicuros ochruros, como apuntamos, tamén para o xénero

Oenanthe (O. oenanthe e O. hispanica), e nomeadamente para Apus apus (véxase estas especies).

rabirrubio de testa branca Phoenicurus phoenicurus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Curroxo real foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

noutras publicacións ornitolóxicas (2A e 11B). Rabirrubio de testa branca foi o nome proposto en

1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nalgunha

publicación ornitolóxica (13A e 16A). Rabirrubio testibranco foi o nome que se empregou tamén

noutras publicacións (8A, 10A, 12A e 14A). Nas últimas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López

(5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións utilizouse rabirrubio real

(6A e 11A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é rabirruivo-de-testa-branca (2A, 10A,

11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A esta especie tamén se lle poderían aplicar algúns dos nomes populares

apuntados para Phoenicurus ochruros.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, atópanse as voces xenéricas indicadas en Phoenicurus ochruros. Nos outros

dicionarios consultados, non se atoparon denominacións nin xenéricas nin específicas.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, rabirrubio e curroxo aluden ao trazo

físico que comparte coa especie anterior: a cor rubia das plumas do rabo. O modificador de testa

branca e similares fan referencia á cor branca que ten na testa na época nupcial.

chasco común Saxicola rubicola (= Saxicola torquatus rubicola)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Chasca común foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha outra publicación

ornitolóxica (2A e 11B). Chasco, ou chasco común, foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos

de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas seguintes guías de aves de

Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou

empregado tamén nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son cartaxo, cartaxo-comum, cartaxo-cabeça-preta e

216

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!