19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

empregadas con frecuencia na nosa literatura. Marcial Valladares utiliza reiseñor en Maxina ou a filla

espúrea, obra escrita no ano 1880: "... cantaban xa o millán garrido, a bubela e o cuco nas carballeiras,

o merlo e o reiseñor nos salgueirais, o paspallás entre os centeos e os xílgaros e carriciños, os

chincheiros e xiríns desfacíanse nos eidos mirando cada un para o seu amor ...". Álvaro Cunqueiro

emprega reiseñor en varias das súas obras, como por exemplo en Palabras de víspera (1974):

"...Escóitase vir dos choupos a tonada do reiseñor... ".

Valentín Lamas Carvajal usou rousinol en Espiñas, follas e frores (1874): "Rousinol da miña

patria / Da nosa ribeira rola..." . Igualmente, Francisco Añón Paz, como se recolle en Poesías en galego

(1878): "Cando na escura noite retrina o rousinol...". Tamén Victoriano Taibo, en Abrente. Versos

galegos (1922): "Unha cantiga do triste rousinol...". Ou Silvio Santiago, n' O silencio redimido (1976):

"No carballo melodiaba un rousinol..." .

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas e J. A. Pascual, no Diccionario Crítico

Etimológico Castellano e Hispánico, explican que a voz castelá ruiseñor (e as galegas reiseñor,

rousinol e similares) vén do occitano antigo rossinhol, procedente do latín vulgar lusciniolus, do latín

luscinia ou luscinius; os autores indican que decontado luciniolus pasou a denominarse rusciniolus.

Subidor é unha denominación propia do xénero Certhia.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica en 1999 que rousinol é unha voz próxima á atribuída como orixinaria, a provenzal rossinhol

(do latín lusciniolus), e que estaba presente xa no galego-portugués da época medieval (12B). M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa prefiren, por tanto, escoller un nome galego de vella tradición,

rousinol, aínda vivo, antes que a voz reiseñor, que está atribuída a unha “etimoloxía popular” e que

puido estar apoiada pola denominación castelá ruiseñor (10B). Ademais, reiseñor aplícase tamén a

outras especies (12B). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa tamén comentan que tanto reiseñor

coma rousinol están recollidas no VOLG, Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (10B). O termo

común engádeselle ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies parecidas

que teñen o mesmo nome xenérico (rousinol), aínda que non se observaren na nosa xeografía, para

diferenciar Luscinia megarhynchos das outras.

papoazul Luscinia svecica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papoazul foi a denominación proposta por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de aves

de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A; na última, papoazul común) e tense recollido e utilizado

tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 18A e 11B). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pisco-de-peito-azul (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. R. Fraga García rexistrou en Melide a voz papiazul, que está definida no

traballo de C. García González como "paxaro pequeno co pescozo azul" (3C).

● Dicionarios consultados. Non se atoparon denominacións para esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Como o nome claramente indica, papoazul fai referencia

á vistosa cor azul que estes paxaros exhiben no papo na época de cría.

rabirrubio común Phoenicurus ochruros

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Curroxo común foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 18A e 11B). Rabirrubio, ou rabirrubio común, foi o nome

proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

empregado e recollido publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 16A). Nas últimas guías de

aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha

outra publicación empregouse o nome de rabirrubio tizón (6A e 11A). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é rabirruivo ou rabirruivo-preto (2A, 10A, 11B e 1D), e tamén rabirruivo-comum

(2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie pedreira, pedreiro,

canteiro, pisco e tremerrabos nas terras da Limia (9A). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

apuntan as denominacións populares de tizón, ferreiro, paxaro carbón, páxaro negro, e

rabarrubia (1A). No Atlas de vertebrados de Galicia, recóllense para esta especie, ademais de

ferreiro, os nomes de ferreirolo, carboeiro e curroxo (7A). F. Bernis Madrazo rexistrou para esta

especie o castelanismo ferrero en Lugo (11B). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa tamén apuntan

a denominación popular de negrita (10B). F. Fernández Rei rexistrou gumba en Cariño para se referir

215

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!