19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

populares:

"Teño un nido de carrizo / nun cañoto dun repolo / déronmas nenas con el / levaron cañoto e

todo".

"Teño andado moito á caza / nunca vin unha carriza; / non sei se era polos cans / ou pola

miña preguiza".

Laureano Prieto empregou carriza en Contos vieneses (1958): "... foi a milpéndora de viaxe, i

antes de se marchar que lle dixo á carriza ...". Ramón Cabanillas emprega tamén carriza (nos Versos

de alleas terras e de tempos idos, 1955): "¿Qué rubumbio conmove o morno niño? ¿Qué practica a

carriza co seu filliño en amante chilreo ..."; e carrizo (n' A ofrenda das fadas no portal de Belén,

1958): "... e todos os paxariños / reavoan arredor de min /o paspallás faime burla, / o pardal pídeme

un chavo, / o carrizo move o rabo / e baila nun pé o pimpín.".

Tamén Marcial Valladares utiliza unha denominación probabelmente deste paxaro, carriciño,

en Maxina ou a filla espúrea, obra escrita no ano 1880: "... cantaban xa o millán garrido, a bubela e o

cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirais, o paspallás entre os centeos e os xílgaros e

carriciños, os chincheiros e xiríns desfacíanse nos eidos mirando cada un para o seu amor ...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Como apunta F. Bernis Madrazo, carriza e carrizo son

voces onomatopeicas, evocan o "cherr" que emite este paxaro como reclamo ou alarma (11B).

Pitorrei, tinque e perdigoto son nomes ben propios doutras especies (o xénero Picus, Fringilla

coelebs e Alectoris rufa) que talvez popularmente tamén se apliquen de maneira impropia a T.

troglodytes.

Familia Prunellidae

azulenta común Prunella modularis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Azulenta común foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén –azulenta común ou azulenta– en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B). Empregouse ou recolleuse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

(1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A,

10A, 12A, 13A, 14A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é ferreirinha ou

ferreirinha-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A respecto das denominacións populares vivas na fala, M. R. Álvarez Blanco

rexistrou azulenta no galego de Ramirás; M. E. Vázquez Santamaría, azulada na Gudiña; M. R.

Martínez Martínez, azulina en Curtis (3C). C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de azulenta

para Prunella modularis no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). A. Villarino Gómez rexistrou

para esta especie as denominacións populares de azuleira, negreira e verdosa nas terras da Limia

(9A); nas terras da Limia, o autor do presente traballo tamén ten escoitado verdosa especificamente

para P. modularis. J. S. Crespo Pozo (1985) recolle como nome galego azuleiro, que define como

paxaro cuxos ovos son completamente azuis, máis pequeno que o melro e máis escuro que o pardal e

apunta a localidade de X. de Ambía (12G). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan as

denominacións populares de azulada, azuliña, borrallenta, cencenta, pardeliña do mato e

paxara parda (1A). No Atlas de vertebrados de Galicia apúntase tamén, ademais de paxara parda e

pardeliña do mato, os nomes de ferreira e azulenta do mato (7A). F. Bernis Madrazo tamén

menciona as denominacións pardeliña do mato e páxara do mato citando a obra de L. Iglesias, de

1927 (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece na entrada pardeliña a subentrada pardeliña do mato, que identifica coas

voces castelás acentor, prunela; e na entrada paxara, a subentrada paxara parda identificada coa

voz castelá acentor, que se define como paxaro dentirrostro e remite a pardeliña. No Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas:

borrallenta, que remite a azuleira ou azulenta; azulada, que remite a azulenta ou azuleira; azuleira

ou azulenta, que nunha das acepcións define como "páxaro de cor parda parecido ao pardal, mesmo

no tamaño; fai o niño nas silveiras e pon 4 ou 5 ovos de cor azul, de onde lle ven o nome" e engade o

nome científico Prunella modularis. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle azulenta, azulada, azuleira, azulina,

azuliña, borrallenta, cencenta, color do ceo, pardeliña do mato, paxara parda e pintasilva

como sinónimos específicos para P. modularis. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

211

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!