19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Troglodytidae

carriza

Troglodytes troglodytes

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrizo foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas guías

de aves destes autores (1A, 5A e 22A; na última, carrizo común), no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e recolleuse noutras publicacións (2A, 8A e 18A). Carriza foi o nome proposto en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado e recollido

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (6A, 11A, 12A, 13A, 14A e 11B). En 1991, Conde Teira e Vidal

Figueroa propuxeran, ademais de carriza, carrizo (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é carriça (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A voz carrizo está amplamente distribuída na fala de todo o territorio

galego. Rexistrárona M. R. Álvarez Blanco en Ramirás; M. P. Paz González, en Xunqueira de Ambía; A.

Sánchez Sánchez, en Montederramo; F. Fernández Rei, en Cariño; J. Vilariño Seco, en S. Braulio de

Caaveiro; J. M. Dobarro Paz, en Cabalar; J. L. Couceiro López, en Feás; M. R. Martínez Martínez, en

Curtis; M. J. Morandeira Lores, en Laxe; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría; C. García

González, en Compostela; J. López Fernández, en Novefontes; R. Fraga García, en Melide; M. C. López

Taboada, en Sobrado dos Monxes; M. J. Pérez Froiz, en Sta. María de Oirós; M. A. Fraiz Barreiro, en

Codeseda; M. C. Enríquez Salido, no Grove; M. Prado Fernández, en Ferreira de Valadouro; G.

Baamonde Traveso, en Cedofeita; X. Pena Seijas, en Guitiriz; S. Cortiña Vázquez, en Friol; E. Rodríguez

Gandoi, en Guntín; M. I. González Fernández, no Val de Burón; A. Santamarina Fernández, no Val do

Suarna; M. González González, no Incio; M. D. García Rojo, en Monterroso (3C). F. Bernis Madrazo

menciona carrizo citando a Ríos Naceyro (1850) e L. Iglesias (1927), como voz recollida xa por estes

autores (11B). A voz carriza está tamén abondo distribuída. Rexistrárona M. C. Enríquez Salido no

Grove; M. J. Pérez Alonso, en Goián; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; M. R. Álvarez

Blanco, en Ramirás; M. Díaz Carnero, en Castro Caldelas; M. E. Vázquez Santamaría, na Gudiña; M.

Taboada Cid, en Verín e na Mezquita; M. C. Gil Suárez, en Vilardevós; M. C. Rodríguez Lago, no Porto,

Zamora (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez, tamén

carriza na comarca de Verín (23B). F. Bernis Madrazo tamén rexistrou carriza nas provincias de

Pontevedra e Ourense (11B). A. Villarino Gómez rexistrou así mesmo carriza nas terras da Limia (9A).

Nesta comarca tamén recibe o nome de carrizo (autor do presente traballo). X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López indican tamén a denominación de carriza (1A). No Atlas de vertebrados de Galicia

apúntase, ademais de carriza, a variante popular de carniza (7A). M. T. Acosta García rexistrou a

variante garrizo para se referir a esta especie en Pedrafita (3C). J. Rodríguez Cruz, carrixa en

Hermisende (13B). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de carrizo e carriza

(maioritariamente con seseo) para Troglodytes troglodytes no concello de Ames, na provincia da

Coruña (9B). Unha mención especial é precisa para o traballo lexicográfico publicado en 1975 na revista

Verba, "Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes", de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (1B). Estes autores rexistraron as voces populares para estas dúas especies en case

200 localidades galegas repartidas nas catro provincias; no que respecta a Troglodytes troglodytes, os

autores rexistraron tres voces ben estendidas, carrizo, carriso e carriza, e despois tamén carrisa (só

un informante, en Muros), carriciña (só unha mención, en Becerreá, Lugo), carniza (só unha

mención, no Grove) e carniciña (só unha mención, na illa de Ons, Pontevedra); a voz carrizo

rexistrárona por toda a provincia de Lugo, parte da provincia da Coruña, nordeste de Pontevedra e

puntos illados de Ourense; a voz carriza rexistrárona en toda a provincia de Ourense e no sur da

provincia de Pontevedra; a voz carriso rexistrárona no sudoeste da provincia da Coruña (1B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada carrizo, que nunha das acepcións identifica coas voces castelás

troglodita e reyezuelo, e dá como sinónimos carriza (que logo define, nunha das acepcións, como

outro paxaro diferente), pitorrei (que identifica nesa entrada con outros paxaros diferentes) e tinque

(que define de maneira inespecífica como paxaro pequeno e común). O Diccionario de usos castelángalego

de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá a voz galega

perdigoto como equivalente á castelá chochín. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas carriza e carrizo referíndose, nalgunha das

súas acepcións, a T. troglodytes. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle carriza, carrizo, fulosiña, furafollas,

picamoscas, rei e tinque como sinónimos específicos para T. troglodytes. No Gran Diccionario Xerais

da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas carriza e carrizo (ambas as dúas

como galegas e preferentes) para se referir, nalgunha das súas acepcións, a esta especie, e tamén

garrizo (como galega pero non preferente), que remite a carrizo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Carrizo e carriza emprégase en cantigas

210

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!