19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

II.

Lexicoloxía e semántica dos nomes das aves

observadas na Galiza

Familia Gaviidae

mobella pequena Gavia stellata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Patoula foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na primeira

guía de aves destes autores (1A) e nalgunha outra publicación ornitolóxica galega (4A); tamén se

recolleu nunha publicación de ámbito estatal (2A). Mobella pequena empregouse na segunda guía de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A) e foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse tamén na terceira guía

de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (22A) e nunha chea máis de publicacións

ornitolóxicas galegas (6A, 11A, 12A, 13A, 15A, 16A e 17A); tamén se ten recollido noutras publicacións

de ámbito estatal (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é mobelha-pequena

(2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou catro denominacións xenéricas no galego

falado para este grupo de especies (aínda que no seu traballo constan baixo o nome científico de Gavia

immer, a autora indica que se poden referir indistintamente a Gavia immer, Gavia stellata ou Gavia

arctica, pois todas tres son moi semellantes e os informantes non as diferenciaban): mabea (escrito

con "v"), nas Figueiras; momella, en Portonovo; mobella (escrito con "v"), en Portonovo, Mogor, A

Guarda, Cangas, Panxón, Cambados e O Grove; e patoula, en Caión (7B). A. Pérez Cid, por outro lado,

rexistrou a voz mobella en Marín (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, a voz xenérica mobella está definida como ave acuática e mariña que nada e se

mergulla. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a entrada mobella, nunha das acepcións, definida como ave mariña e identificada con Gavia

immer; tamén aparece a entrada colimbo, definida de modo inespecífico como ave palmípede. No

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), indícase

como sinónimo de mobella a denominación patoula, que pola súa vez se identifica especificamente

con Gavia stellata e diferénciase de Gavia immer e de Gavia arctica. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada mobella (como voz galega e preferente)

definida de forma xenérica e identificada con Gavia immer. Tamén aparece neste dicionario a entrada

colimbo, definida de modo inespecífico como ave nadadora (na edición no ano 2009 deste mesmo

dicionario aparece identificada a entrada *colimbo co xénero Gavia).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Arximiro Villar González empregou o nome mobella

en 42 décimas de febre (1994): "Mobella, nívea cadencia, mergúllate na mar maina desta paixón...".

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, M. C. Ríos Panisse

comenta que descoñece a orixe da denominación mobella e que quizais podería estar relacionada co

verbo mover, polos movementos que fan estas aves ao voar (7B). Na nosa opinión, o nome destes

paxaros mariños pode estar relacionado co rechamante e característico brinco que dan para se

mergullaren, curvando o corpo, que pode lembrar a figura da onda no momento en que está a romper

e se curva: mobella ou movella é nome galego dunha onda que rompe no medio do mar e iso mesmo é

tamén a acción e a figura do brinco da mobella, cando se mergulla (este brinco non o dan outras

21

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!