19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Familia Cinclidae

melro rieiro Cinclus cinclus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Merlo rieiro foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A,

13A, 14A, 15A e 18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeron, ademais de merlo rieiro,

a denominación de lavacú (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é melro-d’água (2A,

10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. G. Baamonde Traveso rexistrou para esta especie merlo arrieiro en

Cedofeita e M. Prado Fernández en Ferreira de Valadouro (3C). J. M. Dobarro Paz rexistro unha

variante, melro arrieiro, en Cabalar, e G. Baamonde traveso merlo rieiro tamén en Cedofeita (3C).

M. Taboada Cid rexistrou merla truteira na Mezquita e J. L. Couceiro Pérez merlo troiteiro en Feás

(3C). M. R. Álvarez Blanco rexistrou melro peixeiro en Ramirás (3C). C. Pedreira López et al.

rexistraron os nomes de merlo troiteiro, melro arrieiro, melro rieiro, melro troiteiro e melra

arrieira para Cinclus cinclus no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). M. González González

recolleu a voz pasarríos no galego do Incio (3C); malia non especificar que refire a esta especie, é

probábel que sexa así. Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López recóllense

as denominacións populares de merlo troiteiro, merlo de auga, merlo arrieiro, merlo peixeiro,

merliao, pasarríos e rescantín (1A; a última talvez un erro tipográfico, no canto de pescantín). A.

Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen melra troitoira na

comarca de Verín (23B). No Atlas de vertebrados de Galicia apúntanse os nomes de rieiro, lavacú,

merlo de río, merlo da auga, somorgullo e andarríos para esta especie (7A). Conde Teira e Vidal

Figueroa tamén recolleron a forma somorgullo para Cinclus cinclus, no galego oriental (10B e 12B).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, trae a entrada merliau, que identifica co castelán mirlo de agua; na entrada merlo

inclúe a subentrada merlo troiteiro. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés

e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, recolle a denominación merliau en correspondencia

coa subentrada castelá mirlo de agua. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, inclúe as entradas pasa-rios, merlo-troiteiro e merlo-rieiro para se referir a

Cinclus cinclus e engade os sinónimos merliao, merlo-de-água, merlo-peixeiro e pescantin (que

logo non aparecen nin coma entrada nin coma subentrada). Na entrada lava-cu defínese un páxaro que

anda no río, mais refírese ao xénero Alcedo. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia,

X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle lavacús, merla troiteira, merliao,

merlo acuático, merlo arrieiro, merlo de auga, merlo peixeiro, merlo rieiro, merlo troiteiro,

pasarríos e restantín (probabelmente un erro tipográfico, no lugar de pescantín, copiado da guía de

Penas e Pedreira) como sinónimos específicos para C. cinclus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, aparecen as subentradas merlo peixeiro, merlo troiteiro e merlo

rieiro dentro da entrada "merlo", e ademais a entrada pasarríos (os nomes todos como galegos e

preferentes), para se referir a C. cinclus; igualmente recolle a voz merliau (como galega mais non

preferente), remitindo a merlo peixeiro, e tamén a voz xenérica melro (como galega mais non

preferente), remitindo a merlo.

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, as denominacións merlo, melro e

similares veñen do latín merula e aplícanse a este paxaro por ter certo parecido co melro ou merlo

común. Lavacú é un nome utilizado tamén para outras especies de paxaros que andan no río; por

exemplo para Actitis hypoleucos, pois esta ave move a miúdo o rabo e pode dar esa impresión de que

anda a lavar o cu na auga; tamén se usa para A. apus, polo seu xeito de beber na superficie da auga. O

resto das denominacións de C. cinclus (rieiro, pasarríos, de auga etc.) aluden todas ao seu hábitat

acuático ou aos seus hábitos mergulladores e pescadores.

209

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!