19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

é porque anda preto das casas. M. C. Ríos Panisse explica que os termos relacionados con neve están

motivados porque este paxaro é abundante nas nevadas (7B). Non se encontrou unha explicación clara

para a denominación portuguesa alvéola, non sendo que estea orixinariamente relacionado con M.

alba, a partir de alba, albela, e despois se empregase para as outras especies. Non se encontraron

explicacións claras para outras denominacións.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Ao meu ver, non lles

acaen de todo as denominacións galegas ás subespecies de M. alba (lavandeira branca para M. alba

alba e lavandeira negra ou moura para M. alba yarrellii), pois ambas as dúas son brancas e negras e

moi semellantes, só que M. a. yarrelli ten o lombo e o uropixio tamén negros en lugar de grises, pero

non é verdadeiramente toda ela negra, é branca e negra. Talvez sería mellor adaptarmos ao galego a

denominación portuguesa no que atinxe aos modificadores para as subespecies, isto é, lavandeira

branca común para M. a. alba e lavandeira branca británica para M. a. yarrellii.

Para alén de lavandeira branca máis modificador definir ben as subespecies, ao repetir o

cualificativo branca nas dúas queda máis claro que están próximas filoxeneticamente e ademais é un

sistema de denominación paralelo ao empregado para as subespecies de M. flava, que fai referencia ao

ámbito xeográfico. Así, en portugués, por exemplo, emprégase alvéola-branca de Marrocos para

outra subespecie, M. a. subpersonata, xa rexistrada en Beja (3D), sistema de denominación que

facilmente se podería continuar aplicando en galego, se fose o caso: lavandeira branca de Marrocos

(para M. a. subpersonata) con independencia de se ten un chisco máis de branco, de gris ou de negro.

lavandeira real Motacilla cinerea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Lavandeira real foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén M. A. Conde Teira en 1999 (12B); utilizouse nas guías de aves de X. Penas Patiño e Pedreira

López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou utilizado tamén

noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 18A e 11B). En 1991, M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran a denominación de lavandeira cincenta (10B). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é alvéola-cinzenta (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións populares

de lavandeira, lavandeira clara e lavandeira marela nas terras da desaparecida lagoa de Antela

(9A). C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de lavandeira real para Motacilla cinerea no concello

de Ames, na provincia da Coruña (9B). No tocante ás denominacións xenéricas populares, véxase

Motacilla alba.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as voces xenéricas indicadas en M. alba. No Diccionario de usos castelángalego

de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as

denominacións xenéricas indicadas en M. alba. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), recolle ademais as voces xenéricas indicadas en M. alba; na entrada pastoriña, que se

identifica co sinónimo xenérico alindadora, apúntase Motacilla cinerea; na entrada lavandeira

especifica a denominación de lavandeira real tamén para esta especie. O Diccionario de sinónimos da

lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle os

sinónimos inespecíficos para o xénero Motacilla apuntados en M. alba e lavandeira cincenta e

lavandeira real como sinónimos específicos para M. cinerea. No Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Motacilla alba; na

entrada lavandeira especifica a subentrada lavandeira real para M. cinerea, que caracteriza como a

que ten cor marela limón no peito e cincentos a caluga, o lombo e a testa; na entrada paxariña trae a

subentrada paxariña da neve, denominación con que se refire especificamente a M. cinerea.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de lavandeira na nosa

literatura, véxase M. alba.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da significación de lavandeira e outros nomes

xenéricos, véxase M. alba. Sobre a denominación portuguesa alvéola, véxase M. alba. O modificador

real refírese á cor da plumaxe e ao rabo aínda máis longo que o doutras especies de lavandeiras, que

fai que M. cinerea sexa moi vistosa; clara, amarela e cincenta fan referencia ás cores da súa

plumaxe, quer das partes dorsais ou das partes ventrais. Outros nomes, como pastoriña e paxariña

da neve, respectivamente, pódense referir a que anda nos prados entre o gando (aínda que é unha

denominación ben máis acaída para M. flava) e a que se ve máis no inverno.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica no segundo traballo (12B) que prefire mellor lavandeira real por ser un nome acaído e vivo na

fala.

208

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!