19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

identifícase vaqueira coa voz xenérica castelá aguzanieves, mais é posíbel estea referido

especificamente a M. flava (véxase comentario semántico). No tocante ás denominacións xenéricas

galegas, véxase Motacilla alba.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as voces xenéricas indicadas en M. alba. No Diccionario de usos castelángalego

de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as

denominacións xenéricas indicadas en M. alba. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada anda-rios con dúas acepcións, a primeira delas

referida de forma xenérica ás especies da familia dos motacilídeos (como por exemplo M. flava) e a

segunda referida a Alcedo atthis; recolle ademais as voces xenéricas indicadas en M. alba; na entrada

lavandeira especifica a denominación lavandeira verdeal para M. flava. No Gran Diccionario Xerais

da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en M.

alba; na entrada lavandeira especifica a subentrada lavandeira verdeal para M. flava, que

caracteriza como a que ten lombo verde e ventre amarelo; tamén achega a entrada vaqueiran (escrito

así, con ene final, como galega e non preferente), que remite de forma xenérica a lavandeira, mais que

podería estar referida a esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego de lavandeira na nosa

literatura, véxase M. alba.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a significación de lavandeira e outros nomes

xenéricos, véxase M. alba. Sobre a denominación portuguesa alvéola, véxase M. alba. Os

modificadores verdeal e amarela fan referencia á cor da plumaxe. Do gado e vaqueira aluden a un

costume característico que ten esta especie en concreto de andar atrás dos bois e do gado en xeral,

comendo os insectos que saltan en tanto os ruminantes van pacendo; da veiga indica o seu hábitat

típico.

lavandeira branca Motacilla alba

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Lavandeira branca foi a denominación proposta por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e

5B), e tamén en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A,

13A, 14A, 15A, 16A, 18A e 11B). Alén diso, para a subespecie Motacilla alba yarrellii propúxose o nome

de lavandeira moura na lista padrón (4B e 5B); na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López e no traballo de T. A. Vidal Figueroa e M. A. Conde Teira apuntouse lavandeira negra

para esta subespecie (1A e 10B); Patiño e Pedreira volveron despois empregar lavandeira moura

(22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é alvéola-branca, ou alvéola-branca-comum

para a subespecie Motacilla alba alba e alvéola-branca-británica para a subespecie Motacilla alba

yarrelii (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan tamén o nome de paxaro

pastor para Motacilla alba (1A). A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións

lavandeira, lavandeira branca e lavandeira caseña na Limia (9A). C. Pedreira López et al.

rexistraron o nome lavanveira para Motacilla alba no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B).

M. C. Ríos Panisse rexistrou cu de sebo en Muxía; lavandeira, en Mera, Pontedeume, Burela e Laxe;

lavañeira, na Guarda; e señorita, en Cambados (7B). Por outro lado, no tocante ás denominacións

populares xenéricas, na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López recóllese

costureira, señorita, alindadora, lavrandeira (escrito con "b"), ravandoira (escrito con "b") e

paxariña da neve (1A). Na comarca da Limia, para alén de lavandeiras, tamén lles chaman

livandeiras (autor dio presente traballo). A voz popular e xenérica lavandeira está rexistrada en

moitas localidades galegas (3C). F. Bernis Madrazo cita a Arévalo Baca (1887), que daquela recollera

xa a denominación lavandeira na Galiza (11B). A. Pérez Cid rexistrou lavandoira en Marín (3C). M.

Taboada Cid rexistrou lavrandeira en Verín e na Mezquita; M. E. Vázquez Santamaría, na Gudiña; M.

C. Rodríguez Lago, no Porto, en Zamora (3C). J. Rodríguez Cruz, lavandeira en Hermisende, de modo

xenérico (13B). M. P. Paz González rexistrou devandoira no galego de Xunqueira de Ambía (3C). M.

Taboada Cid rexistrou pastoriña en Verín, que se identificou coa voz castelá aguzanieves,

habitualmente empregada para esta especie (3C). C. García González rexistrou andarríos no galego de

Compostela; M. González González, no do Incio; M. C. Rodríguez Lago no do Porto, en Zamora; A.

Santamarina Fernández rexistrou andarrius no galego do Val do Suarna; M. I. González Fernández

tamén, no Val de Burón (3C), mais non se especifica se se refire ás especies do xénero Motacilla ou a

Alcedo atthis, que tamén recibe este nome.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas lavandeira, que nunha das acepcións define e identifica coa

206

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!