19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

traballo de M. A. Conde Teira e utilizouse nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Nalgunha publicación

empregouse pica gorxirrubia (10A e 14A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeran a

denominación de pica de garganta rubia (10B). Nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López empregouse o nome de pica pintada (5A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son petinha-de-garganta-ruiva e petinha-da-garganta-vermelha (2A, 10A, 1D e

2D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se teñen rexistrado nomes

populares, agás o xenérico.

● Dicionarios consultados. . Ningunha denominación específica para A. cervinus; só as

denominacións xenéricas indicadas en A. petrosus no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica dos nomes xenéricos,

véxase Anthus campestris. Os modificadores gorxirrubia, de gorxa rubia, pintada etc. aluden ás

cores da plumaxe desta especie, particularmente a da gorxa, que a distingue doutras picas.

pica fulva Anthus rubescens

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento. Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é petinha-fulva (3D).

● Nomes populares. Esta ave é de presenza en extremo esporádica na Galiza e non se coñecen

nomes específicos; os comentarios poden ser os mesmos no referente ao nome xenérico.

● Dicionarios consultados. Ningunha denominación específica para A. rubescens; só as

denominacións xenéricas indicadas en A. petrosus no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de pica, véxase A.

campestris. O modificador fulva alude á cor da súa plumaxe, amarelo tostada ou alourada.

lavandeira citrina Motacilla citreola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Lavandeira citrina foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse ou recolleuse nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(12A, 13A e 14A); tamén na terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (22A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é alvéola-citrina (14A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de ocorrencia accidental na Galiza e non se teñen

rexistrado nomes populares, agás os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Aparecen os nomes xenéricos indicados en Motacilla alba.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da significación de lavandeira, véxase

Motacilla alba. Sobre a denominación portuguesa alvéola, véxase Motacilla alba. O modificador citrina

fai referencia á cor da plumaxe, amarela, como a do limón.

lavandeira amarela Motacilla flava

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Lavandeira verdeal foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións (2A, 6A, 11A, 18A e 11B). Lavandeira amarela foi

o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A).

Existen ademais varias subespecies e ten cada unha seu nome no ámbito da ornitoloxía especializada:

Motacilla flava iberiae: lavandeira amarela ibérica; Motacilla flava flava: lavandeira amarela

europea; Motacilla flava flavissima: lavandeira amarela británica; Motacilla flava thunbergi:

lavandeira amarela escandinava; Motacilla flava cinereocapilla: lavandeira amarela itálica;

Motacilla flava feldegg: lavandeira amarela balcánica. Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués

é alvéola-amarela (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D), cos mesmos modificadores para as subespecies:

alvéola-amarela-ibérica etc.

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións populares

de lavandeira, lavandeira da veiga e lavandeira do gado nas terras da desaparecida lagoa de

Antela, na Limia (9A). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez,

boieira especificamente para M. flava na comarca de Verín (23B). M. Taboada Cid rexistrou no galego

de Verín a voz vaqueira, e M. C. Gil Suárez rexistrouna no galego de Vilardevós (3C); neste traballo

205

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!