19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

(noutra acepción, identifica o termo con Serinus serinus; noutra, con A. cannabina). Nos outros

dicionarios consultados non aparecen denominacións para este grupo de paxaros.

● Etimoloxía / motivación semántica. Non se coñece ben a motivación semántica de pica, aínda

que algo teña a ver con picar; tampouco se encontrou unha explicación clara para a denominación

portuguesa petinha, que talvez teña relación con petar ou peto. Naviñeiro é un nome ben propio

doutras especies, como Carduelis cannabina ou Serinus serinus, que pode ser que se aplique

equivocadamente a estas especies. Os modificadores dos campos, campestre etc. aluden ao hábitat

característico da especie; papuda pode facer referencia ao papo branco, que contrasta coas partes

dorsais de cor crema.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Na nosa opinión, de

todas as propostas de denominación en galego para esta especie no ámbito da ornitoloxía

especializada, pica dos campos sería a mellor por harmonizar coa denominación en portugués e por

reforzar o sistema de nomenclatura con outras especies de picas (pica dos prados, pica das árbores,

pica dos campos).

pica das árbores Anthus trivialis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pica das arbres foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse

nalgunha publicación ornitolóxica (2A). O mesmo nome, mais co termo "árbores" completo, pica das

árbores, foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B). Empregouse nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (6A,

8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é petinhadas-árvores

(2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Como xa se comentou en Anthus campestris, o nome xenérico, pica, foi

rexistrado no galego de Cariño por F. Fernández Rei e recollido no traballo de C. García González (10B).

M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa comentan que este é o único nome recollido até agora en

galego para as especies do xénero Anthus (10B). Ademais, A. Villarino Gómez rexistrou a denominación

popular de laverca para esta especie nas terras da Limia, que é a denominación característica para

Alauda arvensis e pode ser unha confusión por parte da xente que lle chama así.

● Dicionarios consultados. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, recolle a voz pica e nunha das súas acepcións define xenericamente estes

paxaros, especificando ademais a denominación pica-das-árbores para A.trivialis; tamén recolle a

denominación xenérica de naviñeiro para os páxaros da familia dos motacilídeos (noutra acepción,

identifica o termo con Serinus serinus; noutra, con A. cannabina). Nos outros dicionarios consultados

non aparecen denominacións para este grupo de paxaros.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica dos nomes xenéricos,

véxase A. campestris. O modificador das árbores alude ao hábitat da especie.

pica dos prados Anthus pratensis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pica dos prados foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B).

Empregouse nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A) e tense recollido ou

empregado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e

18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é petinha-dos-prados (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Como xa se comentou en Anthus campestris, o nome xenérico, pica, foi

rexistrado no galego de Cariño por F. Fernández Rei (3C). Especificamente, A. Reboreda, C. Álvarez, E.

Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen pizpiz para Anthus pratensis na comarca de

Verín (23B).

● Dicionarios consultados. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, recolle a voz pica e nunha das súas acepcións define xenericamente estes

paxaros, especificando ademais a denominación pica-dos-prados para A. pratensis; tamén recolle na

entrada naviñeiro unha acepción definida cos páxaros da familia dos motacilídeos (noutra acepción,

identifica o termo con Serinus serinus; noutra, con A. cannabina). Nos outros dicionarios consultados

non aparecen denominacións para as especies do xénero Anthus.

● Etimoloxía / motivación semántica. A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R.

Reigada e X. Rodríguez indican que pizpiz é claramente onomatopeico, reflicte a voz que emite a ave

en voo (23B).Sobre a motivación semántica dos nomes xenéricos, véxase A. campestris. O modificador

203

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!