19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

"Catro aves voadoras son as que pasan o mar: a anduriña (ou andoriña) e mais o cuco, a

rula e o paspallás."

"Anduriñas a rentes da auga, chuvia na praia."

"Unha anduriña soa non fai verán."

● Etimoloxía / motivación semántica. F. Bernis Madrazo explica que do latín hirundo derivan as

voces galegas e portuguesas, pasando por arundo, arundina e andurina (11B). O modificador caseña é

porque constrúe os niños nas casas; o modificador común indica que H. rustica é a especie a máis

habitual das andoriñas.

Familia Motacillidae

pica de Richard Anthus richardi

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pica de Richard foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A,

13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son petinha de Richard e

petinha-sombria (2A, 10A, 1D e 2D), tamén grafado como petinha-de-richard (3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se teñen rexistrado nomes

populares, agás o xenérico (véxase Anthus campestris).

● Dicionarios consultados. Véxase A. campestris.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica dos nomes xenéricos,

véxase A. campestris. O modificador de Richard, tamén indicado no nome científico da especie, alude

ao naturalista francés M. Richard, que a describiu no século XIX; sombria refírese talvez ás manchas

escuras do peito e á tonalidade escura do dorso.

pica de Hodgson Anthus hodgsoni

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pica de Hodgson empregouse na terceira guía de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son petinha-silvestre (3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se teñen rexistrado nomes

populares, agás o xenérico (véxase Anthus campestris).

● Dicionarios consultados. Véxase A. campestris.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica dos nomes xenéricos,

véxase A. campestris. O modificador de Hodgson, tamén presente no nome científico da especie,

alude ao naturalista inglés Brian Hodgson, que describiu esta pica no século XIX.

pica dos campos Anthus campestris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pica papuda foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A e 6A). Pica campestre foi o

nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense recollido ou empregado

nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal propuxeran pica dos campos (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é petinhados-campos

(2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. O nome xenérico, pica, foi rexistrado no galego de Cariño por F. Fernández

Rei e recollido no traballo de C. García (3C). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa comentan que

este é o único nome xenérico recollido até agora en galego para as especies do xénero Anthus (10B).

● Dicionarios consultados. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, recolle a voz pica e nunha das súas acepcións define xenericamente estes

paxaros, especificando ademais a denominación pica-papuda para A. campestris; tamén recolle na

entrada naviñeiro unha acepción que identifica xenericamente cos páxaros da familia dos motacilídeos

202

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!