19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle andoriña

brava e andoriña dos penedos como sinónimos específicos para P. rupestris.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Algunha das voces xenéricas tense empregado na

nosa literatura. Véxase H. rustica.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía de andoriña, véxase H. rustica. Os

modificadores dos penedos e das rochas aluden ao hábitat máis característico desta especie, onde fai

os niños.

andoriña de cu branco Delichon urbicum

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Anduriña do cu branco foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén –andoriña de cu branco– en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B). Empregouse –andoriña de ou do cu branco– nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións ornitolóxicas

(8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (1A) e nalgunha publicación (2A, 6A e 18A) utilizouse a variante anduriña, con "u"

(anduriña do cu branco). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é andorinha-dos-beirais

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Anduriña é unha voz popular e xenérica moi estendida na Galiza, recollida

no galego de moitas localidades, segundo o traballo de C. García González (3C). Na primeira guía de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López recóllense concretamente para esta especie as

denominacións populares de páxaro das casas e avión (1A). M. Taboada Cid rexistrou o nome de

avión no galego de Verín; A. Pérez Cid, no galego de Marín; M. C. Gil Suárez, no de Vilardevós, e todos

eles se están a referir probabelmente a esta especie (3C). A. Villarino Gómez rexistrou tamén para

Delichon urbicum as denominacións populares de andoriña, arieiro e arrieiro nas terras da Limia

(9A). F. Bernis Madrazo apunta para a especie a denominación de anqueixo, na provincia da Coruña,

aínda que indica que se podería referir tamén ao xénero Apus (11B). M. C. Enríquez salido rexistrou a

voz zamburiña no Grove para unha andoriña pequena branca e negra, que podería ser esta especie

(3C).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Hirundo rustica.

No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, aparecen, nunha das acepcións da voz castelá avión, a de pájaro parecido al vencejo, as

voces galegas cirrio e vichelocrego. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle andoriña do cu branco, avión, barreiro e

paxaro das casas como sinónimos específicos para D. urbicum. No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada andoriña cunha explicación das

diferentes especies, entre elas andoriña-do-cu-branco para se referir a D. urbicum, e tamén a

entrada avión co significado de "espécie de andoriña coñecida co nome de andoriña-do-cu-branco";

na entrada páxaro ou paxaro inclúe tamén a subentrada páxaro-das-casas, que fai referencia a D.

urbicum. No Diccionario da lingua galega Obradoiro-Santillana, de 2005 (18G), esta especie recibe o

nome de avión.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Algunha das voces xenéricas tense empregado na

nosa literatura. Véxase H. rustica.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de andoriña, véxase Hirundo

rustica. Sobre a motivación semántica, avión fai referencia á semellanza entre a forma do corpo deste

paxaro coa forma dun avión. O modificador do cu branco alude á característica mancha branca que

ten no uropixio ou mitra, que o distingue bastante ben doutras especies da familia; das casas e dosbeirais

é porque constrúe os niños nos beirais dos tellados ou por baixo das cornixas das casas.

Arieiro e similares aluden a un dos seus hábitats na Limia, as areeiras. Non se encontrou unha

explicación para o nome anqueixo nin para zamburiña (este último é o nome galego dun molusco, co

que bioloxicamente D. urbicum non ten nada a ver). Cirrio e vichelocrego son denominacións propias

doutros paxaros (do xénero Apus e de Oriolus oriolus, respectivamente) que seguramente por

confusión se usan tamén para D. urbicum.

andoriña dáurica Hirundo daurica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Anduriña acalugada foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica

(1A e 2A). Andoriña dáurica foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

200

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!