19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

engádese ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo

nome xenérico, aínda que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciala delas.

Chirlo-merlo lembra a denominación chirlomirlo, propia do xénero Sturnus, e é posíbel que a

asignación a Alauda arvensis sexa unha confusión.

Familia Hirundinidae

andoriña das barreiras Riparia riparia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Anduriña brava foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica (1A e 2A).

Andoriña das barreiras foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); empregouse nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e

22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Nunha publicación utilizouse anduriña das

barreiras (6A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é andorinha-das-barreiras (2A, 10A,

11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Anduriña é unha voz popular e xenérica moi estendida na Galiza, recollida

no galego de moitas localidades, segundo o traballo de C. García González (3C). A. Villarino Gómez

rexistrou para esta especie en concreto a denominación de pillabarro nas terras da desaparecida lagoa

de Antela (9A). No Atlas de vertebrados de Galicia recóllense os nomes de anduriña, avión das

pedras e andoriña brava tamén para especie (7A).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Hirundo rustica.

No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a

entrada andoriña cunha explicación das diferentes especies, entre elas andoriña-brava para se

referir a Riparia riparia. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle andoriña brava e andoriña das barreiras como

sinónimos específicos para R. riparia.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Algunha das voces xenéricas tense empregado na

nosa literatura. Véxase H. rustica.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía de andoriña, véxase H. rustica. Avión

é un termo empregado máis habitualmente para Delichon urbicum. O modificador das barreiras alude

aos desniveis do terreo onde fai os niños; das pedras tamén alude a un hábitat, pero non é tan típico;

pillabarro, ao costume de coller barro, aínda que son outras especies da familia as que o empregan na

construción do niño, non R. riparia; brava, á súa condición salvaxe e a que non anda nas casas.

andoriña dos penedos Ptyonoprogne rupestris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Anduriña dos penedos foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén –andoriña dos penedos– en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B). Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e nalgunha publicación

empregouse ou recolleuse anduriña dos penedos (1A, 2A, 6A e 18A). Nas seguintes guías de aves de

Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras

publicacións ornitolóxicas utilizouse ou recolleuse andoriña dos penedos (8A, 10A, 13A, 14A, 15A e

11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é andorinha-das-rochas (2A, 10A, 11B, 1D, 2D

e 3D).

● Nomes populares. Anduriña é unha voz popular e xenérica moi estendida na Galiza, recollida

no galego de moitas localidades, segundo o traballo de C. García González (3C). No Atlas de

vertebrados de Galicia tamén se apunta, en concreto para esta especie, a denominación de anduriña

(7A). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen a voz

anduriña brava especificamente para P. rupestris na comarca de Verín (23B).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Hirundo rustica.

No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a

entrada andoriña cunha explicación das diferentes especies, entre elas andoriña-dos-penedos para

se referir a Hirundo rupestris (equivalente a Ptyonoprogne rupestris). O Diccionario de sinónimos da

199

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!