19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

e cotovia-dos-bosques (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; con máis frecuencia o segundo).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou especificamente para Lullula arborea as

denominacións de cotovía, cotuvía e cutuluvio nas terras da Limia (9A). A. Reboreda, C. Álvarez, E.

Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen cotovía para L. arborea na comarca de Verín

(23B). No Atlas de vertebrados de Galicia recóllese o nome de cotovío para esta especie (7A). M.

Taboada Cid rexistrou as voces cotolovía na Mezquita e cutuluvía e cotovía en Verín; M. E. Vázquez

Santamaría, cutuluvía, cutuvía e cutolomía na Gudiña; M. C. Gil Suárez, tamén cutuluvía en

Vilardevós; M. C. López Taboada e J. A. Palacio Sánchez cutuvía respectivamente en Sobrado dos

Monxes e Ferreira de Pantón (3C). (Estas voces populares recollidas no traballo de C. García González

aparecen identificadas coa denominación castelá cogujada e talvez poidan estar referidas tamén a

Galerida cristata.) F. Bernis Madrazo rexistrou a voz cotovía en varias localidades de Lugo, e cita a

Carré (1928), que no seu dicionario galego-castelán recolle tamén esta voz galega (11B). J. Rodríguez

Cruz, cotolovía en Hermisende, que corresponde de modo xenérico con cotovía (13B).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, recolle as voces: cotovía, identificada coa voz castelá cogujada e os sinónimos

catrolia (que non ten entrada propia) e cuturlia (que non ten entrada propia); cotolovía (remite a

cotovía); cuturlío (remite a cotovía); e cotovío, como macho da cotovía. O Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a

voz castelá totovía a galega cotovía. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, inclúe as entradas: curucheira, que identifica con cotovia; carrapucheira,

que nunha acepción identifica con cotovia; capelo (que nunha acepción identifica con cotovia);

alauda, que define xenericamente e identifica coa cotovia e coa laverca; cotovia, que define

xenericamente e dá os sinónimos calandra (que despois define co nome científico M. calandra e

identifica con cotovia e laverca), callandra (que despois identifica con calandra, cotovia e laverca),

laverca (que aparece como sinónimo de cotovia e despois identifica, nunha das súas acepcións, con A.

calandra e A. arvensis), cotrola (que non ten entrada propia mais aparece como sinónimo de cotovia),

alória (ademais de sinónimo de cotovia, tamén a identifica con entrada propia como laverca),

capeluda (como sinónimo de cotovia, que despois remite a laverca) e laverco (como sinónimo de

cotovia, que identifica, nunha das súas acepcións, con laverca); ademais identifica especificamente

cotovia-pequena con Lullula arborea; tamén inclúe a entrada cotovio, que define, nunha das súas

acepcións, como macho da cotovia. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle os sinónimos inespecíficos para os xéneros

Galerida e Lullula apuntados en G. cristata. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparece a voz cotovía, cos sinónimos e comentarios que se anotan en Galerida cristata.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Álvaro Cunqueiro usa cotovía en varias das súas

obras, como por exemplo n' O incerto señor don Hamlet (1959): "... ¡...cotovía, axóuxere! ... ".

Ramón Cabanillas, alén de cotovía, emprega tamén cotovío n' A rosa de cen follas (1927): "...

rompeu o cotovío a cantar no loureiro ... ".

Cotovía está tamén recollida nun dito popular: "Polo san Matías, xa cantan as cotovías".

● Etimoloxía / motivación semántica. Cotovía e similares son voces de orixe onomatopeica.

Carrapucheira e similares aluden a pequena crista que tamén ten este paxaro. O modificador

pequena fai referencia ao seu tamaño e dos-bosques ao seu hábitat. Para laverca, alória e alauda,

véxase A. arvensis.

laverca (ou laverca común) Alauda arvensis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Laverca foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén por M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa en 1991 e 1999, nos seus traballos (10B e 12B). Utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A,

14A, 15A, 16A, 18A e 11B; nalgunha, laverca común). En Portugal tamén recibe o nome de laverca

ou laverca-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A voz laverca é popular en moitas localidades galegas. J. Vilariño Seco

rexistrouna en S. Braulio de Caaveiro; J. M. Dobarro Paz, en Cabalar; C. García González, en

Compostela; J. L. Couceiro López, en Feás; M. R. Martínez Martínez, en Curtis; F. Vecino Tomás, en

Razo; A. Sánchez Sánchez, en Montederramo; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; M. I.

González Fernández, en Val Burón; X. Pena Seijas, en Guitiriz; S. Cortiña Vázquez, en Frioal; E.

Rodríguez Gandoi, en Guntín; M. C. Enríquez Salido, no Grove; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de

Dumbría; M. J. Morandeira Lores, en Laxe; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; J. López

Fernández, en Novefontes; R. Fraga García, en Melide; R. Seco Fernández, en Santa Comba; G.

Baamonde Traveso, en Cedofeita; F. Varela González, en Santaia; M. A. Fraiz Barreiro, en Codeseda;

197

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!