19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse nalgunha outra publicación

(2A). Cotovía cristada foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido en varias publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A,

15A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é cotovia-de-poupa (2A, 10A, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou especificamente para Galerida cristata a

denominación de laverca da carapuza nas terras da Limia (9A). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X.

L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen laverca de poupa para G. cristata na comarca de

Verín (23B). C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de cotovío para Galerida cristata no concello

de Ames, na provincia da Coruña (9B). F. Bernis Madrazo apunta para a especie na Galiza o nome de

cotovía (11B). Outros nomes populares xenéricos que se poderían aplicar a esta especie están

comentados en Alauda arvensis e Lullula arborea. Aníbal Otero identificou como equivalente á voz

cogujada voces galegas capeluda, en Mones; cía, na Guardia; lavarquela (escrito con “b”), en

Hospital; laverco (escrito con “b”), en Quintáns; páxaro rastrón, en Meira; curucheira, en Veiga de

Muíños (1C), aínda que algunhas destas poderían referirse a outras especies da familia. Outros varios

nomes xenéricos populares que se poderían aplicar talvez a esta especie están comentados en Alauda

arvensis.

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, dá para a voz castelá cogujada a galega cotovía; ademais trae as entradas galegas:

galeiriña, identificada coas voces castelás alondra e cogujada; carreirega, identificada coa voz

castelá cogujada; cotovía, identificada coa voz castelá cogujada e os sinónimos catrolia (que non ten

entrada propia) e cuturlia (que non ten entrada propia); cotolovía (remite a cotovía); cuturlío

(remite a cotovía); e cotovío como macho da cotovía. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M.

Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá cogujada as

galegas capeluda, carreirega, galeiriña, cotovía, cotrolía e coturlía; para a voz castelá

carabinera, as galegas cotovía copetuda e callandra (a primeira parece referirse claramente a esta

especie). No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a voz cotovia, cos sinónimos e comentarios que se anotan en Lullula arborea. O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle carapucheira, capelo, carrapucheira, cotovía das árbores, cotovía dos camiños, cotrola,

cotrolía, cucurucha, curucheira e curupete como sinónimos inespecíficos para os xéneros Galerida

e Lullula (aínda que podemos facilmente adiviñar que cotovía das árbores/cotovía dos camiños están

facendo referencia a G. cristata/L. arborea). No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as entradas cotovía (como galega e preferente), definida e identificada como

G. cristata e cos sinónimos cotrola e curucheira e coa subentrada cotovía dos camiños, que identifica

con caparucheira; cotrola (como galega e preferente), definida e identificada como G. cristata e cos

sinónimos cotovía e curucheira; curucheira (como galega e preferente), definida e identificada como

G. cristata e cos sinónimos cotovía e cotrola; carapucheira (como galega e preferente), definida e

identificada como G. cristata e cos sinónimos caparucheira e cotovía dos camiños; caparucheira

(como galega e preferente), definida e identificada como G. cristata e cos sinónimos carapucheira e

cotovía dos camiños; cotovío (como galega, mais non preferente), que remite a cotovía; cutuvía

(como galega e non preferente), que remite a cotovía; cutulumía (como galega e non preferente), que

remite a cotovía; cutuluvía (como galega e non preferente), que remite a cotovía; cuturlío (como

galega e non preferente), que remite a cotovía, e lódola (como galega e non preferente), que remite a

cotovía.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de cotovía ou cotovío na nosa

literatura, véxase Lullula arborea.

● Etimoloxía / motivación semántica. Cotovía e similares son voces de orixe onomatopeica. A

maioría dos nomes ou modificadores que recibe esta especie están motivados na conspicua carapucha

que ten: capeluda, da carapuza, galeiriña, cristada etc., ou o portugués de-poupa (e galego de

poupa). O modificador dos camiños alude a un dos lugares onde é máis frecuente observar este

paxaro.

cotovía pequena Lullula arborea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cotovía pequena foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa en 1991 e 1999, nos seus traballos (10B e 12B); utilizouse

nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) ne recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A,

13A, 14A, 15A, 16A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son cotovia-pequena

196

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!