19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é calandrinha-das-marismas (2A e 1D) e

calhandrinha-das-marismas (2D e 3D).

● Nomes populares. Véxase Calandrella brachydactyla.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas indicadas en A. arvensis,

Galerida cristata, Lullula arborea e Melanocorypha calandra.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de calandra na nosa

literatura, véxase M. calandra.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de calandra, véxase M.

calandra. O modificador das marismas fai referencia ao seu hábitat e apincharada indica que ten

pintas na plumaxe.

calandra real Melanocorypha calandra

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Calandra foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

tense recollido ou utilizado tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 14A e 18A). Calandra

real foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse ou recolleuse

nalgunhas publicacións (10A e 13A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran a

denominación de calandra grande (10B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

cochicho, calhandra, calhandra-comum e calhandra-real, con preferencia esta última (2A, 10A,

11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Como nomes xenéricos, calandra foi rexistrado por F. Fernández Rei en

Cariño, M. C. López Taboada en Sobrado dos Monxes, G. Baamonde Traveso en Cedofeita e A.

Santamarina Fernández no Val do Suarna (3C); calandria rexistrouno I. Leis Casanova en Sta. Eulalia

de Dumbría; callandra rexistrouno M. Taboada Cid na Mezquita; colandra, M. Prado Fernández en

Ferreira de Valadouro (3C). De modo xenérico, J. Rodríguez Cruz recolleu a voz callandra en

Hermisende (13B). Ademais, F. Fernández Rei rexistrou a voz calandro en Cariño, que identifica coa

voz castelá alondra común (3C). Outros varios nomes xenéricos populares que se poderían aplicar

talvez a esta especie están comentados en Alauda arvensis.

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, dá para a voz castelá calandria a galega laberca; ademais trae as entradas galegas:

calandre (remite a calandra); calandra, identificada coa voz castelá calandria e co sinónimo laberca;

e callandra, identificada coa voz castelá alondra, aínda que é posíbel que se estea a referir a M.

calandra. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo

(1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá calandria as galegas laberca, loia, alauda, calandra e

calandre, e para a voz castelá carabinera (un nome referido normalmente ao xénero Galerida) as

galegas cotovía copetuda (que parece referirse claramente ao xénero Galerida) e callandra (que si que

se podería referir a esta especie ou a este grupo de especies). No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas: laverca, que nunha das súas

acepcións define xenericamente e que logo identifica con A. calandra e A. arvensis; calandra, que

define especificamente co nome científico M. calandra e identifica con cotovia (véxase Lullula arborea)

e laverca; e callandra, que identifica con calandra, cotovia e laverca. O Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, trae as entradas: calandra (como galega e preferente),

definida especificamente como M. calandra; callandra (como galega e non preferente), que remite a

calandra; calandre (como galega e non preferente), que remite a calandra; calandro (como galega e

non preferente), que remite a calandra.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Celso Emilio Ferreiro empregou a denominación

calandra no seu poema “Desterro” (en “Longa noite de pedra”, 1962): "¿Que foi do ceo aquil, / do

vento e das calandras, / dos solpores calados, / dos prados e labranzas?". Tamén o escritor Álvaro

Cunqueiro emprega calandra en Herba aquí e acolá (1980 e 1991): "...Ao erguerse, Bran veu unha

calandra/ abaneando unha ponliña... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, as denominacións calandra,

callandra e similares veñen do latín vulgar calandria e este do grego kálandra. Real é un cualificativo

de moitas aves, que ás veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas

cores, como é o caso desta especie, que chama a atención polas súas manchas negras e polo tamaño,

como tamén indica o modificador grande.

cotovía cristada Galerida cristata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cotovía dos camiños foi o nome proposto por C.

195

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!