19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 13A, 14A

e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son pica-pau-malhado-pequeno e picapau-galego

(2A, 1D, 2D e 3D; o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. Unha mención especial é precisa para o traballo lexicográfico publicado en

1977 na revista Verba, "Nomes galegos de aves piciformes", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López;

estes autores rexistraron voces para esta familia de paxaros en varios centos de localidades das catro

provincias galegas e recolleron ademais a bibliografía existente verbo estes nomes; as denominacións

específicas que recolleron para D. minor (aínda que as mesmas voces, noutras localidades,

empregábanse para outras especies da familia ou de forma xenérica) foron as seguintes: rinchón,

petorrei e pitorrei (3B). Outras voces xenéricas populares tamén aplicábeis a esta especie están

comentadas en Picus viridis.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos indicados en P. viridis. Ademais, no

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, especifícase a

denominación peto pequeno para Dendrocupos minor.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de denominacións xenéricas na

nosa literatura, véxase P. viridis.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica, o modificador

pequeno fai referencia ao seu tamaño, o menor do xénero Dendrocopus. Os modificadores

portugueses malhado e galego: o primeiro fai referencia ás costas, manchadas de branco e negro, e o

segundo fai referencia ao tamaño pequeno (en portugués emprégase galego como sinónimo de

pequeno). Outras puntualizacións semánticas están anotadas en P. viridis.

Familia Alaudidae

calandriña común Calandrella brachydactyla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Calandriña común foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén –calandriña– en 1999 por M. A. Conde Teira (23 e 12B); utilizouse –calandriña ou calandriña

común– nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A,

8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeron

calandra pequena (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é calandrinha,

calandrinha-comum (2A, 10A e 1D), e tamén calhandrinha e calhandrinha-galucha (2D e 3D).

● Nomes populares. Calandriña, co sufixo –iña, é unha denominación como tal propia do

acervo lingüístico galego, recollida no Seixo por Sarmiento no século XVIII (1G). Varios nomes xenéricos

populares que se poderían aplicar a esta especie están comentados en Alauda arvensis.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas indicadas en A. arvensis,

Galerida cristata, Lullula arborea e Melanocorypha calandra.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de calandra na nosa literatura,

véxase M. calandra.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía de calandra, véxase M. calandra. O

modificador común indica, como di, que é a máis común das dúas especies do xénero Calandrella e

pequena alude ao seu tamaño. Non se achou unha motivación semántica clara para galucha, que

significa novata, sen experiencia.

calandriña das marismas Calandrella rufescens

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Calandriña apincharada foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas últimas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 14A e 18A). Calandriña das marismas foi a denominación

proposta en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); empregouse ou recolleuse nalgunhas publicacións (10A

e 13A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran calandra das marismas (10B).

194

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!