19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ornitolóxica, o nome portugués é pica-pau-malhado e pica-pau-malhado-grande (2A, 10A, 11B,

1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Canto a denominacións populares específicas, na primeira guía de aves de

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apúntanse de maneira específica para Dendrocopus major peto

poldro, peto pega, pitocallo e picapinos (1A). No Atlas de vertebrados de Galicia tamén se recolle o

nome de paxaro carpinteiro para esta especie (7A). F. Bernis Madrazo cita a Ríos Naceyro (1850),

que dá o nome galego de peto negro para esta especie, e a L. Iglesias (1927), que dá o de pito *rey

(11B). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de peto real, cabalo rinchón e cabalo relinchón

para Dendrocopus major no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). Unha mención especial é

precisa para o traballo lexicográfico publicado en 1977 na revista Verba, "Nomes galegos de aves

piciformes", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López; estes autores rexistraron voces para esta

familia de paxaros en varios centos de localidades das catro provincias galegas e recolleron ademais a

bibliografía existente verbo estes nomes; as denominacións específicas que recolleron para D. major

(aínda que as mesmas voces, noutras localidades, empregábanse para outras especies da familia ou de

forma xenérica) foron as seguintes: peto poldro, pitocallo, pito real, pitorrei (3B). Por outra banda,

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López tamén rexistran ou recollen tamén unha morea de voces

identificadas co xénero Dendrocopus (en principio, poderían ser aplicadas a D. major, D. medius e D.

minor, aínda que, con diferenza, a especie máis frecuente é D. major): cabarco, peto, peto raial,

peto real, picapaus, picapinos e piquelo (3B). Outras denominacións populares xenéricas tamén

aplicábeis a esta especie están comentadas en Picus viridis.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados atopáronse as entradas cos nomes

xenéricos indicados en P. viridis. Ademais, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995),

da editorial Sotelo Blanco, especifícase a denominación peto real para Dendrocopus major; na entrada

páxaro ou paxaro inclúe tamén a subentrada páxaro-carpinteiro e dá como nome científico D. major

para esta denominación; na entrada mazarico, nunha das acepcións, identifica esta voz con peto

verdeal (P. viridis) e con peto real (D. major). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C.

Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle peto pega, peto poldro, peto

real, picopallo, picapinos, pitocallo, pitorreal e pitorrei como sinónimos específicos para D. major.

O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe as subentradas peto real,

peto pega e peto poldro na entrada peto, que fan referencia especificamente a D. major.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de denominacións xenéricas

na nosa literatura, véxase P. viridis.

● Etimoloxía / motivación semántica. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López comentan que

peto pega e peto negro fan referencia ás cores brancas e negras da plumaxe desta ave; peto poldro

ten a ver co seu canto, similar ao rincho dun cabalo (3B). Por outro lado, os modificadores portugueses

malhado e grande fan referencia respectivamente ás costas, manchadas de branco e negro, e ao seu

tamaño, o maior do xénero Dendrocopus. Outras puntualizacións semánticas están anotadas en P.

viridis.

peto mediano Dendrocopus medius

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Peto mediano foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A e

14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son pica-pau-mediano e pica-pau-médio

(2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É un paxaro moi moi raro na Galiza e non se lle coñecen denominacións

específicas. Algunhas voces populares xenéricas tamén aplicábeis a esta especie están comentadas en

Picus viridis.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos indicados en Picus viridis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de denominacións xenéricas na

nosa literatura, véxase Picus viridis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Os modificadores mediano e similares fan referencia ao

seu tamaño, intermedio entre o de D. major e o de D. minor. Outras puntualizacións semánticas están

anotadas en P. viridis.

peto pequeno Dendrocopus minor

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Peto pequeno foi o nome proposto por C. Pedreira

193

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!