19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

preferente), que nunha das súas acepcións tamén define como paxaro da familia dos picídeos; rinchón

(como galega e preferente), que nunha das súas acepcións tamén define como paxaro da familia dos

picídeos; na entrada pito dá as subentradas pito verdeal e pito verdello como sinónimos de peto ou

paxaro carpinteiro; a entrada verdeallo (considerada galega e preferente), nunha das acepcións, fai

referencia a paxaro carpinteiro, peto, pito verdeal, pito verdello; a entrada verdiallo (considerada

galega e non preferente) remite a verdeallo; na entrada paxaro inclúe tamén as subentradas paxaro

da chuvia e paxaro carpinteiro, que fan referencia xenéricamente aos petos.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Peto é unha voz xa empregada na lingua galega

medieval (19G): "Iten petos et pegas et agoanetas a quatro coroadas... ".

Ademais, é un termo que se recolle con recuencia nas nosas letras ao longo de todo o século

XX. José Rey-González emprega peto en Frangullas. Versos Gallegos (1910): "Fura que fura sobr'o

carballo, o lindo peto co seu peteiro pra facer niño logra furá-lo!" Igualmente, Uxío Carré Aldao en

Contos da forxa (1919): "... máis calado que un peto..." Ou Juan Rof Carballo, por exemplo, en Mito e

realidade da terra nai (1957): "... unha bubela, un picapeixe, un peto e mais un xílgaro inmenso que

semella..."

Podemos mencionar tamén esta cantiga popular: "Sete petos ten a peta / no burato dunha

trabe; / malas nacidas me maten / se non che conto verdade!".

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista semántico, como comentan X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López, peto fai alusión ao hábito de petar co seu peteiro nas árbores; cabalo,

cabarco, cabalo rinchón, rinchón e rincho fan alusión a que a voz emitida por estas aves é

semellante ao rincho dos cabalos; peto das colmeas ten relación coa alimentación insectívora destas

aves, que ás veces van ás colmeas; peto lagarteiro fai referencia ao canto, parecido ao do lagarteiro;

petorrei, peto real e similares é por causa das súas cores vistosas, ou verde e amarela ou branca,

negra e vermella, segundo as especies; peto verde, peto verdeal e similares están relacionados coa

rechamante cor verde e amarela de P. viridis; picamadeiras, picapaus e similares fan referencia ao

hábito de picar ou furar as árbores á procura de comida ou para facer o niño; piquelo é diminutivo de

pico e X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López comentan que inicialmente é posíbel que designase a

máis pequena destas aves (3B). Pitoferreiro fai referencia ao canto, que semella os golpes metálicos

dados co martelo do ferreiro.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que peto verde foi adoptado por el e mais por T. A. Vidal Figueroa como cultismo, tomando o

latín viridis e adxectivos en diversas linguas occidentais (10B e 12B).

peto negro Dryocopus martius

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Peto negro foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en

1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira (10B, 12B) e T. A. Vidal Figueroa (10B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A,

14A, 15A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son peto-preto (2A e 1D) e

pica-pau-preto (1D e 2D).

● Nomes populares. Algunhas voces xenéricas populares xenéricas tamén aplicábeis a esta

especie están apuntadas en Picus viridis.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos indicados en P. viridis. Ademais, no

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, especifícase a

denominación peto negro para D. martius.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de denominacións xenéricas na

nosa literatura, véxase P. viridis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista semántico, negro ou preto fan

referencia á cor da plumaxe desta especie. Outras puntualizacións semánticas están anotadas en P.

viridis.

peto real Dendrocopus major

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Peto real foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en 1991

e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 11B); utilizouse nas guías de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e mais noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 18A). Na bibliografía

192

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!