19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

pito verdeal, en Hermisende (13B). F. Bernis Madrazo cita a Ríos Naceyro (1850), que dá o nome de

peto real para esta especie, e L. Iglesias (1927), que dá peto e rinchón tamén para a especie (11B).

Unha mención especial é precisa para o traballo lexicográfico publicado en 1977 na revista Verba,

"Nomes galegos de aves piciformes", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (3B). Estes autores

rexistraron voces para esta familia de paxaros en varios centos de localidades das catro provincias

galegas e recolleron ademais a bibliografía existente verbo estes nomes. As denominacións específicas

que recolleron para P. viridis (aínda que as mesmas voces, noutras localidades, empregábanse para

outras especies da familia ou de forma xenérica) foron as seguintes: peto, peto carpinteiro, peto

raal, peto real, peto rinchón, petro, pitorrei, pito verdeal, pito verdeallo, pito verdello, pito

verdial, pito verdiao, pito verdiau, picapaos, picapeto e piquelo (3B). No que respecta ás

denominacións xenéricas populares, na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

apúntanse as de paxaro carpinteiro e furapau (1A). A voz xenérica carpinteiro rexistrárona I. Leis

Casanova en Sta. Eulalia de Dumbría, G. Baamonde Traveso en Cedofeita e M. González González no

Incio (3C). M. Taboada Cid rexistrou páxaro carpinteiro en Verín (3C). F. Bernis Madrazo rexistrou o

nome xenérico de peto nas provincias de Lugo e Pontevedra (11B). C. Pedreira López et al. rexistraron

os nomes de peto e paxaro carpinteiro tanto para Picus viridis como para Dendrocopus major no

concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R.

Reigada e X. Rodríguez recollen pitorrei para P. viridis na comarca de Verín (23B). Outras voces

recollidas e non identificadas, como pitorreal, rexistrada por M. C. Gil Suárez en Vilardevós (3C) e

pitorrei, rexistrada por M. Taboada Cid en Verín, por A. Sánchez Sánchez en Montederramo; por M. P.

Paz González en Xunqueira de Ambía; por M. R. Álvarez Blanco en Ramirás; por J. A. Palacio Sánchez

en Ferreira de Pantón (3C), poderían estar referidas a esta especie ou a Dendrocopus major. X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López citan a Sarmiento, que dá a voz papagaio como sinónimo de peto e

pico na Galiza (3B). No traballo lexicográfico publicado en 1977 na revista Verba, "Nomes galegos de

aves piciformes", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López, xa antes mencionado para os nomes

específicos de P. viridis, os autores rexistraron ou recolleron as seguintes voces xenéricas para esta

familia de paxaros ou voces que se aplicaban indistintamente a todas as especies (aínda que,

nalgunhas localidades, chegaban a ser específicas): cabalo rinchón, rinchón, rincho, carpinteiro,

paxaro carpinteiro, peto, petro, pito real, pito verdeal, pito verdello, picapau, picaporte,

picamadeiras e picamadeiros (3B).

Ademais, como nomes non claramente identificados nalgunhas localidades (aínda que, noutras,

rexistrábanse para o xénero Dendrocopus ou mesmo para unha especie en concreto): cabalo,

petopeto, peto carpinteiro, peto das colmeas, peto lagarteiro, peto marzo, peto pega, peto

raal, petorrei, pitorrei, piturrei, petorrubio, pitocallo, formigueiro, pito formigueiro, pico

carpinteiro, carraca e pego marxo (3B).

Alén do dito, existen as expresións populares "estar calado (ou calada) coma un peto" e

"quedar calado (ou calada) coma un peto".

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas piquelo, pitorrei, piturrei, picamadeiros, peto, pito (nunha

acepción) identificadas xenericamente con estas especies, e a subentrada tamén xenérica paxaro

carpinteiro, co sinónimo picamadeiras (sen entrada propia); a entrada picapau está definida só

como aves rubidoras. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a subentrada castelá pito real, nome para o que dá as

voces galegas picamadeiras e paxaro carpinteiro. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas: mazarico, nunha das acepcións

identificado con peto verdeal (Picus viridis) e con peto real (Dendrocopus major); peta-pau, como

sinónimo de peto (Picus viridis); pica-pau coa definición de "nome xenérico de várias aves trepadoras,

entre elas o peto ou Picus viridis"; formigueiro, nunha das súas acepcións, como sinónimo de peto

(xenérico); pito, nunha das súas acepcións, como sinónimo de peto (xenérico); pito-rei, como

sinónimo de peto (xenérico); peto, nunha das súas acepcións, como "nome vulgar extensivo a

algunhas aves trepadoras da família dos pícidas que se alimentan de insectos e que collen furando a

cortiza das árbores”; rinchón, nunha das súas acepcións, como ave trepadora co sinónimo de peta-pau

e identificada con P. viridis; ademais, na entrada peto especifica a denominación de peto verdeal para

P. viridis. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle cabalo rinchón, paxaro rinchón, peto cabaliño, peto verdeal,

picamadeiras, picapaos, piquelo, pito verdeal, pito verdello, poldro da auga, verdeallo e

verdeal como sinónimos específicos para P. viridis. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000),

de varios autores, trae as entradas pitorrei (como galega e non preferente, remite a peto); pitorreal

(como galega e non preferente, remite a peto); peto (como galega e preferente), que define como

"ave insectívora da familia dos picídeos (P. viridis), de cor amarela verdosa, voo ondulante e o peteiro

dereito e grande co que peta nos toros das árbores vellas para face-lo furado onde construí-lo niño", e

dá como sinónimos paxaro carpinteiro, picapao, piquelo, pito verdeal, pito verdello, rincho e

rinchón; picapao (como galega e preferente), que tamén define como pícido; piquelo (como galega e

preferente), que tamén define como pícido e identifica con P. viridis; rincho (como galega e

191

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!