19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Picidae

peto formigueiro

Jynx torquilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pito formigueiro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse

nalgunha publicación ornitolóxica e utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A, 2A e 11B;

nalgunhas, separado, pito formigueiro). Peto formigueiro foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas últimas guías de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A,

16A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é torcicolo (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de reviracabezas para Jynx

torquilla no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). Pito formigueiro foi rexistrada na

comarca do Bolo (12B). No norte de Portugal rexístrase así mesmo pito-formigueiro (12B). No Atlas

de vertebrados de Galicia tamén se recolle a denominación específica pitoformigueiro (7A). Por outra

banda, algunhas voces xenéricas populares que tamén se poderían aplicar a esta especie están

comentadas en Picus viridis.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos indicados en Picus viridis. Alén diso, no

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as

denominacións: pito-formigueiro, definíndoa como "unha clase de peto (páxaro). N. C. Jynx

torquilla"; torcicolo, que nunha das acepcións define como peto (ave) e identifícaa con papa-formigas;

e tamén a entrada papa-formigas, que identifica con formigueiro (que na entrada propia defíneo de

maneira xenérica como peto) e torcicolo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de denominacións xenéricas

na nosa literatura, véxase Picus viridis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, pito formigueiro, peto formigueiro

ou similares fan referencia á alimentación insectívora desta especie. Os nomes reviracabezas e

torcicolo aluden aos característicos movementos que este paxaro fai co pescozo. Outras

puntualizacións semánticas están anotadas en Picus viridis.

peto verde Picus viridis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Peto verdeal foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 14A e 18A). Nalgunha publicación

recóllese pito verdeal (11B). Peto verde foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nalgunha publicación ornitolóxica (10A e

13A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son peto-verde, peto-real e pica-pauverde

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

apúntanse as específicas para Picus viridis de cabalo rinchón, picamadeiras e picapaos (1A). No

Atlas de vertebrados de Galicia, ademais de cabalo rinchón, indícanse para esta especie os nomes

cabalo da chuvia, pito ferreiro e peto rinchón (7A). M. T. Acosta García rexistrou a voz rincho en

Pedrafita (3C). M. R. Martínez Martínez, R. Fraga García, M. C. López Taboada, E. Rodríguez Gandoi, M.

I. González Fernández, A. Santamarina Fernández e M. T. Acosta García rexistraron a voz rinchón

respectivamente en Curtis, Melide, Sobrado dos Monxes, Guntín, Val de Burón, Val do Suarna e

Pedrafita (3C). M. Taboada Cid rexistrou picapau en Verín (3C). A. Villarino Gómez rexistrou as

denominacións específicas de pitorrei pequeno e pitoferreiro real nas terras da Limia (9A). O autor

do presente traballo rexistrou tamén pito ferreiro nalgunhas localidades da Limia. F. Bernis Madrazo

recolleu a denominación peto real tamén para Picus viridis, e a denominación inespecífica e

castelanizada pito relincho en Santiago de Compostela, aínda que probabelmente tamén se refira a esta

especie (11B). Nalgunhas aldeas da Limia, outra denominación desta especie é pito ferreiro

(testemuño persoal). M. Díaz Carnero rexistrou para a especie pito verdello en Castro Caldelas (3C).

M. Taboada Cid rexistrou tamén para esta especie as voces verdeallo e verdeau en Verín (3C). M. E.

Vázquez Santamaría rexistrou pito verdeal no galego da Gudiña; M. Taboada Cid, na Mezquita e

tamén en Verín (3C). M. A. Conde Teira comenta que pito verdeal ou peto verdeal son as

denominacións que recibe este paxaro cando menos na comarca do Bolo, A Gudiña, Val de Verín e

proximidades de Santiago, e apunta tamén as denominacións pito verdiao, pito verdello, pito

verdeallo, e peto limón (12B). C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de peto limón para Picus

viridis no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). J. Rodríguez recolle tamén para esta especie

190

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!