19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Gudiña; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; M. J. Pérez Froiz, en Santa María de Oirós; M.

A. Fraiz Barreiro, en Codeseda; S. Cortiña Vázquez, en Friol; E. Rodríguez Gandoi, no galego de Guntín;

M. González González, no de Incio; M. D. García Rojo, en Monterroso; M. R. Álvarez Blanco, en

Ramirás; M. P. Paz González, en Xunqueira de Ambía; A. Sánchez Sánchez, en Montederramo e M. Díaz

Carnero en Castro Caldelas (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez, tamén bubela na comarca de Verín (23B). C. García González rexistrou abubela como

unha variante de bubela en Compostela; M. C. López Taboada tamén, en Sobrado dos Monxes; M. C.

Enríquez Salido, no Grove; G. Baamonde Traveso, en Cedofeita; X. Pena Seixas, en Guitiriz; M. I.

Vázquez Fernández, en Pereiramá e A. Sánchez Sánchez en Montederramo (3C). C. García González

tamén rexistrou para esta especie o nome de buba en Compostela e A. Pérez Cid o de bobela en Marín

(3C). No traballo de C. García González tamén se indica a denominación de subela como outra variante

de bubela (3A). F. Bernis Madrazo apunta tamén as denominacións de bubela e abubela nas

provincias de Lugo e Pontevedra, e ademais a de pupa na provincia de Pontevedra (11B). J. Crespo

Pozo recolle a voz poupa bubela nas localidades de Goián e Rosal (12G). A. Hermida Alonso comenta

que poupa é o nome que recibe esta especie en Matamá, Vigo, e que é unha voz empregada na

fraseoloxía galega, na expresión popular pór bico de poupa, que significa pór cara de desagrado, de

enfado (20G).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas bubela e abubela; tamén inclúe a entrada bubelo para se

referir ao polo desta especie. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F.

Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá abubilla as voces galegas abubela,

bubela, abubelo, bubelo, poupa, galo merdento, galo merdeiro e galo merdoso. No Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas

abubela, bubela, poupa, cos sinónimos upupa, galo merdeiro, galo merdento e galo merdoso

(aínda que estes sinónimos non teñen entrada propia), referíndose a Upupa epops; tamén achega o

termo bubelo para se referir á cría da bubela. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C.

Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle abubela, bubela, buba, galo

da merda, galo merdeiro, galo merdento e poupa como sinónimos específicos para U. epops. O

Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, incorpora as entradas abubela

(considerado como termo galego mais non preferente), bubela (considerado como galego e

preferente) e as subentradas galo merdento, galo merdeiro e galo merdoso na entrada galo, que

fan referencia a esta especie; tamén trae a entrada bubelo, co significado de cría da bubela.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Bubela e abubela téñense empregado con moita

frecuencia. Por exemplo, Álvaro Cunqueiro usa a voz abubela en Xente de aquí e de acolá (1971):

"...paraíso de abubela que berra, up!, up!, feliz nos abriles e xantando os primeiros grilos... ". Marcial

Valladares utiliza bubela en Maxina ou a filla espúrea, escrita no ano 1880: "... cantaban xa o millán

garrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirais, o paspallás entre os

centeos e os xílgaros e carriciños, os chincheiros e xiríns desfacíanse nos eidos mirando cada un para o

seu amor ...". Xosé María Álvarez Blázquez usa poupa no poema O que ben che quer (incluído en

Roseira do teu mencer, 1950): "Que non diga o moucho, / que non diga o cuco, / que non diga a

poupa / que che queren muito...".

A voz bubela está tamén presente nas cantigas populares de tradición oral, caracteristicamente

asociada ao cuco, como as seguintes:

"A bubela e mais o cuco / estaban os dous na xanela / o cuco como era falso / botouse a

cabalo dela."

"A bubela vén en marzo, / o cuco vén en abril, / a bubela gaña un ichavo / e o cuco un

maravedil."

"O cuco e mais a bubela / estaban os dous no balcón / o cuco como era falso / cantoulle o

quirieleisón."

Na fraseoloxía popular galega recóllense as voces bubela e poupa nas expresións feder /

cheirar como (ou coma) unha bubela, feder / cheirar como (ou coma) unha poupa, (ser alguén

ou algo) máis cheirento que un bubelo e pór bico de poupa (cara de ferreiro).

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista semántico, moitas denominacións,

como bubela, buba ou poupa están motivadas polo canto deste paxaro, unha especie de bu-bu-bu,

bu-bu-bu. O mal cheiro do niño é o motivo dos modificadores merdento, merdeiro e similares. O

nome galo é por causa da crista eréctil que ten, que pode lembrar a dun galo.

189

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!