19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

pescador..." . Igualmente, Juan Rof Carballo en Mito e realidade da terra nai (1957): "... unha bubela,

un picapeixe, un peto e mais un xílgaro inmenso que semella..." .

Na nosa literatura recóllese tamén martiño peixeiro, como podemos ler nestes versos de C.

Pedreira López (1A), que aluden á súa maneira de voar, rápida, en liña recta: "Como martiño

pexeiro, / saeta ó londo do río, / voa, corazón ferido, / facendo camiño, / amigo.".

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da significación semántica de martiño, M. C.

Ríos Panisse pensa que pode ser porque a partir do mes de novembro vese con máis frecuencia, pois

chegan exemplares do norte da Europa (7B). F. Bernis Madrazo explica que martín (ou martiño) non

alude á data na que adoita aparecer este paxaro, alá polo outono, nos lugares onde non cría, como

outros paxaros que inclúen martín ou martiño no seu nome, senón que é unha denominación

patronímica retranqueira (11B). A maioría dos modificadores están motivados polo seu hábitat fluvial

ou acuático; a denominación picapeixe, como indica M. C. Ríos Panisse, responde á forma rápida de

pescar deste paxaro; outros nomes, como reiseñor ou rei dos mares, aluden á súa beleza e tamén á

facilidade coa que pesca, que o fai o "dono dos mares"; caldeirón parece ser un aumentativo de

caldeiro (7B). A denominación cachoeira pode estar relacionada cos seus hábitos acuáticos, ou mesmo

coa imaxe dunha caída vertical desde certa altura cando se chimpa na auga para capturar un peixiño.

Non se encontrou unha explicación para culao. Mazarico é un nome propio de aves pernaltas que

andan na auga (véxase familia Scolopacidae) e lava-cu é un nome propio dos xéneros Tringa e Actitis,

do Cinclus cinclus e do Apus apus (véxase); localmente talvez se aplican a Alcedo atthis.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que a RAG-ILG (1990) acepta igualmente picapeixe e martiño peixeiro, mais a denominación

*martín pescador ou derivadas desta están consideradas castelanismos (12B).

Familia Meropidae

abellaruco (ou abellaruco común) Merops apiaster

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Abellaruco foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en

1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de aves de

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 8A, 10A, 12A, 13A,

14A, 16A, 18A e 11B; ou, tamén, abellaruco común). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués

é abelharuco ou abelharuco-comum (2A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Gil Suárez rexistrou a voz meixengra en Vilardevós e identificouna

coa castelá abejaruco (3C). F. Bernis Madrazo indica para esta especie a denominación abelleiro en

varias localidades da Galiza (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas abellaruco (na que inclúe como sinónimos as restantes),

abellaruxo, abelleiro (nunha das acepcións), meixengra e a subentrada paxaro abelleiro, que fai

referencia a esta especie. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá abejaruco as voces galegas abellaruco,

abellaruxo, abelluco, meixengra e paxaro abelleiro. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas abellaruco e abellaruxo referíndose

a un "páxaro voraz que se nutre de abellas"; meixengra, que define como "ave pequena de rabo

longo, pico pequeno e plumaxe verde", dando o nome científico de Merops apiaster e o sinónimo

abellaruco; gralla, que nunha das acepcións defíne de maneira xenérica como paxaros semellantes ao

corvo, de menor tamaño, noutra acepción identifícaa con Corvus frugilegus e noutra con esta especie,

Merops apiaster; grallo, que nunha das acepcións define como macho da gralla, noutra como xénero

de aves de rapina, e noutra como Merops apiaster e como aves mariñas do xénero Phalacrocorax. O

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle abelleiro, abellaruco e meixengra como sinónimos específicos para M.

apiaster. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe as entradas

abelleiro (como galega e preferente), abellaruco (como galega mais non preferente) e abellaruxo

(como non galega, rexeitada). A voz meixengra aparece identificada con outra especie diferente,

Aegithalus caudatus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente abellaruco, abelleiro e similares

aluden á súa alimentación. Non se encontrou unha explicación para meixengra, non sendo que teña

187

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!