19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Alcenidae

picapeixe Alcedo atthis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Martiño peixeiro foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse nalgunha outra publicación (2A, 7A, 18A e 11B). Picapeixe foi o nome proposto en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou

recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (4A, 6A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A; nalgunhas,

picapeixe común). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é guarda-rios ou guarda-rioscomum

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D); tamén existe a forma popular picapeixe (12B); no Brasil

emprégase o nome xenérico de martim-pescador (12B).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou unha serie de denominacións populares vivas

na fala para nomear a Alcedo atthis: martín, en Laxe e Camariñas; martín pescador, en Cedeira,

Sada, Cangas, Mera, Mogor, Rinlo e Panxón (e tamén apuntado en Marín, como referencia doutros

autores); martiño pescador, en Panxón; paxariño mariñeiro, en Portonovo; paxaro culao, sen

especificaren a localidade os informantes; paxaro mariñeiro, en Cambados; picapeixe, en Cesantes;

o castelanismo *rei de los mares, na Guarda; reiseñor, en Rianxo; tamén tamén *samartín,

igualmente nas Figueiras; samartiño, en Noia, Carril e Mugardos; *sanmartín, nas Figueiras; e

engade referencias doutros autores: martín peixeiro, en Verín; rei dos mares, na Guarda; e

pescador, picapeixe e caldeirón, sen especificar localidade (7B). M. C. Ríos Panisse tamén rexistrou

martín voador en Sada; M. Taboada Cid, martín peixeiro en Verín; M. Felpeto Lagoa e M. C. Alonso

Pérez, martina respectivamente en Ares e Escarabote; M. J. Pérez Alonso, rei da agua en Goián (3C).

A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a denominación popular de martín peixeiro nas terras

da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de

martiño peixeiro e martín pescador para Alcedo atthis no concello de Ames, na provincia da Coruña

(9B). J. A. Palacio Sánchez rexistrou picapeixe en Ferreira de Pantón (3C). F. Bernis Madrazo tamén

recolleu picapeixe e o castelanismo picapeces na provincia de Lugo (11B). Na primeira guía de aves de

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López tamén se apuntan as denominacións populares de paxaro

pescador, rei da auga, picapeixe e sanmartiño (1A). No Atlas de vertebrados de Galicia recóllense

os nomes de martín peixeiro, martín pescador, paxaro mariñeiro, picapeixe e o castelanismo

ruiseñor da mar (7A). Por outra banda, C. García González rexistrou andarríos no galego de

Compostela; M. González González, no do Incio; M. C. Rodríguez Lago no do Porto, en Zamora; A.

Santamarina Fernández rexistrou a variante andarrius no galego do Val do Suarna; M. I. González

Fernández tamén, no Val de Burón, mais en ningún caso se especifica se estas voces se están a referir

ás especies do xénero Motacilla, a Alcedo atthis, ou a outras especies que tamén poderían recibir ese

nome (3C). Eligio Rivas Quintas recolle ademais para esta especie o nome cachoeira, na Canda da

Mezquita (14G).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, trae as entradas martín peixeiro e picapeixe para se referir a esta especie. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, identifica coa entrada castelá martín pescador as voces galegas martín peixeiro e

picapeixe. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe

a entrada anda-rios con dúas acepcións, a primeira delas referida de forma xenérica ás especies de

lavandeiras (xénero Motacilla), e a segunda referida concretamente a Alcedo atthis; mazarico, para se

referir as aves acuáticas do xénero Numenius, aos paxaros carpinteiros e nunha acepción tamén ao

martiño-peixeiro ou Alcedo atthis; lava-cu, nunha das acepcións referida a un paxaro que anda no río

do xénero Alcedo; reiseñor ten tamén varias acepcións, unha delas referida a Luscinia megarhynchos

e outra referida a A. atthis; alén diso, para se referir exclusivamente a esta especie, inclúe as entradas

mariñeiro (nunha das acepcións), guarda-rios (nunha das acepcións), martiño-pescador, martiñopeixeiro,

martin-pescador, martin-peixeiro e pica-peixe; na entrada páxaro ou paxaro inclúe as

subentradas páxaro-mariñeiro e páxaro-pescador, que fan referencia a A. atthis. O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle rei da auga, andarríos, lavacú, martiño voador, paxaro pescador, picapeixe e

sanmartiño como sinónimos específicos para A. atthis. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparecen as entradas andarríos, martina e martiño peixeiro como

palabras galegas, mais non preferentes, que remite a picapeixe, a voz que recolle como preferente

para a especie e dá o sinónimo de paxaro pescador; na entrada paxaro inclúe tamén a subentrada

paxaro pescador, que fai referencia a A. atthis; rexeita as voces martinete, martín pescador e martín

peixeiro, que remite a picapeixe.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Fuco G. Gómez emprega a voz picapeixe n' O

idioma dos animás (1937), unha obra que se publicou na Habana: "... picapeixe, alción, martín

186

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!