19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Lavacú é unha denominación moi pouco específica. Úsase para varios paxaros que andan no

río ou na auga e que poden dar a impresión de que "lavan o cu", ben diferentes entre eles: alén de se

empregar para Apus apus, tamén para Actitis hypoleucos e Cinclus cinclus (véxase estoutras dúas

especies).

Tamén pedreiro é unha denominación bastante inespecífica, usada para paxaros un tanto

diferentes: para Apus apus, para o xénero Oenanthe (O. oenanthe e O. hispanica) e localmente tamén

para Phoenicuros ochruros (véxase estas especies). M. A. Conde Teira apunta que a maioría dos

rexistros que coñece en relación con pedreiro fan referencia a Apus apus, coincicindo coa especie

designada por pedreiro en portugués (12B).

Curiosamente, a voz cirrio tamén se rexistrou para se referir a outro paxaro, Carduelis chloris,

en Goián (3C), probabelmente por confusión, porque o seu canto pode lembrar o sonoro e

característico chío de Apus apus. Non obstante, cirrio e todas as súas variacións son ben

características e inequívocas de Apus apus.

Por outra parte, F. Fernández Rei recolleu en Cariño a denominación anduriña para se referir a

Apus apus, e tamén J. L. Couceiro Pérez en Feás e J. López Fernández en Novefontes (3C). Andoriña

referida a Apus apus é unha clara confusión ou unha designación impropia para esta especie: andoriña

é o nome característico de Hirundo rustica e doutros paxaros da mesma familia, sen ningunha relación

filoxenética próxima con Apus apus.

cirrio pequeno Apus affinis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Vencello do cu branco foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Cirrio pequeno foi o nome proposto en 1999 por M.

A. Conde Teira (12B). Tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 13A e

14A). Nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López utilizouse *vencello

pequeno (5A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é andorinhão-pequeno (2A, 1D

e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza en extremo accidental na Galiza, e non se lle

coñecen nomes populares non sendo os xenéricos indicados en Apus apus.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos xa indicados en Apus apus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, andorinhão fai referencia ao seu

parecido cunha andoriña e ao seu tamaño grande, mais non ten parentesco ningún; pequeno fai

referencia ao seu tamaño e do cu branco alude á conspicua mancha branca que ten no uropixio. A

respecto de cirrio, véxase Apus apus.

cirrio de cheminea Chaetura pelagica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Vencello de cheminea foi o nome empregado por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é raboespinhoso

(3D).

● Nomes populares. Divagante da América do Norte, é unha especie de ocorrencia en extremo

accidental na Galiza, e non se lle coñecen nomes populares non sendo os xenéricos indicados en Apus

apus.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos xa indicados en Apus apus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para cirrio, véxase Apus apus. O modificador das

chemineas podería facer referencia ao lugar de aniñamento ou á cor parda aborrallada da plumaxe.

Non se atopou unha motivación semántica clara para a denominación portuguesa raboespinhoso,

e talvez sexa unha confusión con outra especie divagante similar, Hirundapus caudacutus,

para a que ese nome si sería ben acaído.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que o VOLG desaconsella a denominación *vencello, por ser un

castelanismo (10B).

185

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!