19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

emprégase tamén nalgunhas localidades: R. Fraga García rexistrouno en Melide; E. Rodríguez Gandoi,

en Guntín; M. J. Pérez Froiz, en Sta. María de Oirós; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón (3C).

Ademais, M. Prado Fernández rexistrou a variante *vincalla en Ferreira de Valadouro; M. T. Acosta

García e A. Santamarina Fernández, *vrincallo, respectivamente en Pedrafita e Val do Suarna; J. M.

Dobarro Paz, *vincallo en Cabalar, e esta mesma denominación M. R. Martínez Martínez en Curtis, J.

L. Couceiro Pérez en Feás, M. Prado Fernández en Ferreira de Valadouro, X. Pena Seijas en Guitiriz, M.

I. González Fernández en Val de Burón, M. C. López Taboada en Sobrado dos Monxes, M. P. Paz

González en Xunqueira de Ambía e M. T. Acosta García en Pedrafita (3C). M. R. Álvarez Blanco rexistrou

as voces irrio e birrio no galego de Ramirás (3C). J. M. Dobarro Paz rexistrou cirrio en Cabalar e J. A.

Palacio Sánchez en Ferreira de Pantón (3C). J. S. Crespo Pozo recolle como nome galego xirrios, que

define como paxaros pequenos que voan en bandos a grande altura (en Cambados); máis

exactamente como voces galegas equivalentes á castelá vencejo apunta as seguintes: cirrio

(Ribadavia, Becerreá), gavión e avión (X. de Ambía), *vencío (Becerreá), lavacú (X. de Ambía) e

pedreiro (Padrón) (12G). C. González recolle pedreira na Gudiña e pedreiro en Goián para Apus

apus (3C). E. Rivas Quintas apunta tamén pedreira na Gudiña e merla pedreira na Lamela de

Prexigueiró (Ourense) para esta especie (14G). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R.

Reigada e X. Rodríguez recollen *tornillo para A. apus na comarca de Verín (23B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas: guizguirrio, que identifica coa voz castelá vencejo e remite a

cirrio; *vencello, que define como ave semellante á anduriña e remite a cirrio; *vincallo, que

identifica coa voz castelá vencejo; carrán, coa defininión de ave mariña parecida á gaivota e tamén,

noutra acepción, como sinónimo de cirrio, nalgunhas localidades galegas; avión, que identifica coa voz

castelá vencejo; cirrio, que identifica coa voz castelá vencejo e define como ave parecida á anduriña;

dá como sinónimos guizguirro e escirrio, aínda que despois esta última non ten entrada propia; e

andurón, que identifica con vencejo e cos sinónimos cirrio e avión. O Diccionario de usos castelángalego

de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz

castelá vencejo as galegas *vencello, cirrio, avión, carrán, andurón e guizguirrio. O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as entradas: círrio, co

equivalente cirro, definido como páxaro fisirrostro insectívoro semellante à andoriña con a cauda

partida, e dáse como nome científico Apus apus; *vencello, e dá *vencello comun para Apus apus;

pedreiro, que nunha das súas acepcións identifica coa voz *vencello (páxaro) e noutra con outro

paxaro, Oenanthe oenanthe; e carrán, que nunha das súas acepcións identifica coas voces vencello e

círrio e que define como páxaro semellante à andoriña. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, trae as entradas *vrencello (como galega non preferente), que remite a

vencello; *verencello (como galega non preferente), que remite a vencello; *vrenceiro (como galega

non preferente), que remite a vencello; *mencello (como galega non preferente), remite a vencello;

*vencello (como galega non preferente), que remite a birrio; guizguirrio (como galega non

preferente), que remite a birrio; birrio (como galega e preferente), que define, identifica con Apus

apus e dá o sinónimo cirrio; cirrio (como galega e preferente), que define, identifica con Apus apus e

dá o sinónimo birrio; andurón (como galega non preferente), remite a cirrio; e pedreiro, nunha das

acepcións como birrio, Apus apus; rexeita a voz vencexo, que remite a birrio. No Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente, recóllese como sinónimos de

Apus apus, as denominacións andoriño, andoriña, andurón común, birrio, birlo, cirrio, irrio,

xirrio, avión, ferreiro, lavacú e pedreiro.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Fuco G. Gómez emprega a voz cirro n' O idioma

dos animás (1937), unha obra que se publicou na Habana: "... vencio, cirro, avión..." . Silverio

Cerradelo emprega cirrio n' Os paxaros tamén migran ao sur (2007): "...e vexo os primeiros cirrios,

que acaban de chegar de África...".

Marcial Suárez utiliza pedreiro n’ O acomodador e outras narracións para se referir a esta

especie (1969): "O pedreiro nunca se posa na terra...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Os nomes xenéricos birrio, cirrio e similares teñen unha

orixe onomatopeica, imitan o rechamante e característico chío que emiten. O nome carrán é tamén

onmomatopeico, mais propio doutros paxaros, as aves mariñas do xénero Sterna; pedreiro alude a un

dos seus hábitats (a pesar de ser un paxaro nomeadamente urbano). Falciño refírese á súa semellanza

física cunha fouce cando voa; o modificador común indica que Apus apus é a especie a máis habitual

dos cirrios. As denominacións andurón, anduriño e avión teñen relación con certo parecido físico

entre estes paxaros e as anduriñas. J. S. Crespo Pozo relaciona o nome lavacú coa particular maneira

de beber que ten esta especie, pasando por riba da auga sen parar e tocando brevemente a superficie,

que pode dar a impresión de que se quere lavar mais non se molla, só lava o cu (12G).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que o VOLG desaconsella a denominación *vencello, por ser un

castelanismo (10B). Por este motivo, tanto *vencello como as súas variantes aparecen marcadas máis

arriba con asterisco. Con todo, a grandísima variación de formas rexistradas parece indicar que se

trata dun vocábulo presente desde hai moito tempo xa na nosa lingua.

184

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!