19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

seu tamaño; real e rei son cualificativos de moitas aves, que ás veces teñen relación cunha certa

beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, como é o caso desta especie, que chama a

atención por ser grande e mais por ser toda branca por baixo, como indica o modificador portugués deventre-branco.

Para cirrio, birrio e falciño, véxase Apus apus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que o VOLG (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega) desaconsella a

denominación vencello, por ser un castelanismo (10B).

cirrio pálido Apus pallidus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Vencello apardado foi a denominación proposta por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e

5B). Utilizouse nas primeiras guías de aves destes autores (1A e 5A) e recolleuse nalgunha outra

publicación ornitolóxica (2A); na terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, *vencello

apardazado (22A). Cirrio pálido foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A,

13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é andorinhão-pálido (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Unha chea de nomes xenéricos populares están apuntados en A. apus.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos indicados en Apus apus. Ademais, no

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, especifica

*vencello apardado na voz *vencello para o paxaro co nome científico Apus pallidus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de denominacións xenéricas na

nosa literatura, véxase Apus apus.

Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, andorinhão fai referencia ao seu

parecido cunha andoriña e ao seu tamaño grande, mais non ten parentesco ningún; pálido e pardado

aluden á cor da súa plumaxe. Para cirrio, véxase Apus apus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que o VOLG (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega) desaconsella a

denominación *vencello, por ser un castelanismo (10B).

cirrio común Apus apus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Vencello común foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse e utilizouse tamén noutras publicacións (2A, 7A, 11A e 18A). Cirrio ou cirrio común foi o

nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Nunha

publicación utilizouse falciño común (6A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

andorinhão-preto (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e

no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) apúntanse as denominacións populares xenéricas de birrio (1A,

7A), cirrio (1A, 7A), *mersejo (7A), pedreiro (1A), *vencexo (7A), andoriño (7A), anduriño (1A)

e falciño común (7A). A. Villarino Gómez rexistrou tamén para esta especie *vencello e

*vencelleiro nas terras da Limia (9A). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de tijereta e

*vencello (con e sen seseo) para Apus apus no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). A voz

*vencello está moi estendida na Galiza, malia estar considerada un castelanismo no VOLG. En

concreto, J. Vilariño Seco rexistrouna no galego de S. Braulio de Caaveiro (3C); J. M. Dobarro Paz, no

de Cabalar (3C); M. J. Morandeira Lores, no de Laxe (3C); S. López Facal, no de Toba (3C); I, Leis

Casanova, no de Sta. Eulalia de Dumbría (3C); C. García González, no de Compostela (3C); J. López

Fernández, no de Novefontes (3C); M. C. López Taboada, no de Sobrado dos Monxes (3C); C. E. Blanco

Fernández, no de Crecente (3C); S. Cortiña Vázquez, no de Friol (3C); E. Rodríguez Gandoi, no de

Guntín (3C); A. Santamarina Fernández, no de Val do Suarna (3C); M. T. Acosta García, no de Pedrafita

(3C); J. A. Palacio Sánchez, no de Ferreira de Pantón (3C); M. R. Álvarez Blanco, no de Ramirás (3C);

M. Díaz Carnero, no de Castro Caldelas (3C); M. E. Vázquez Santamaría, no da Gudiña; M. C. Gil

Suárez, no de Vilardevós (3C). F. Bernis Madrazo tamén rexistrou esta voz nas provincias de Lugo,

Ourense e Pontevedra (11B). M. Taboada Cid rexistrou a variante *vencella no galego de Verín (3C).

A. Sánchez Sánchez rexistrou a variante *vercello en Montederramo; C. García González, as variantes

*verencello, *vrencello e *vrenceiro en Compostela; X. Pena Seijas e F. Vecino Tomás, *vrencello,

tamén, respectivamente en Guitiriz e Razo; M. C. Rodríguez Lago, *vincilleira no Porto, en Zamora, e

S. López Facal, *mencello en Toba (3C). O castelanismo *vencexo (a voz castelá é vencejo)

183

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!