19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

elaciónase coa grande abertura bucal que teñen estas especies.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla dun

nome xenérico estándar, véxase C. europaeus.

Canto ao modificador específico para C. ruficollis, papuda non parece de todo apropiado, xa

que tamén se podería aplicar á outra especie do mesmo xénero, C. europaeus, bastante semellante

(ambas as especies pode abrir moito a boca para papar os insectos, posúen exactamente igual esa

característica). Por isto talvez sería mellor manter rubia para C. ruficollis, pois o trazo da cor da

plumaxe, alén de caracterizar ben a especie, é inconfundíbel (en comparación co trazo da boca ou papo

grandes). Ademais o nome de C. europaeus, noiteboa cincenta, tamén alude á plumaxe, de modo

que o par noiteboa cincenta / noiteboa rubia resulta mnemotecnicamente moito máis eficaz do que

resulta o par noiteboa cincenta / noiteboa papuda.

Familia Apodidae

andoriñón mongol Hirundapus caudacutus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Andoriñón mongol foi o nome proposto no último

traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Nalgunha

publicación tamén se empregou cirrio mongol (10A e 14A); na terceira guía de C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño, *vencello mongol (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

andorinhão-de-ferradura e andorinhão-mongol (12B e 1D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza en extremo accidental na Galiza, e non se lle

coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos indicados en Apus apus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, andoriñón fai referencia ao seu

parecido cunha andoriña e ao seu tamaño grande, mais non ten parentesco ningún; mongol alude á

súa área de distribución asiática e de-ferradura ao característico debuxo branco en forma de ferradura

que ten nas partes ventrais do corpo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que a denominación andoriñón mongol é paralela á que escolle Sacarrão e Soares para o

portugués (12B).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que o VOLG (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega) desaconsella a

denominación *vencello, por ser un castelanismo (10B) (aparece catalogado como “entrada

incorrecta”, se está referida a nome de paxaro, e remite a cirrio ou birrio).

andoriñón real Apus melba

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Andurón foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas

primeiras guías de aves destes autores (1A, 5A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

ou utilizouse tamén noutras publicacións (2A, 11A e 11B). Andoriñón real foi proposto en 1999 por M.

A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A e 16A); na terceira guía

de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, andurón real (22A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal propuxeron a denominación de cirrio grande (10B); tamén se empregou nalgunhas publicacións

(8A, 10A, 12A, 14A e 15A). Nunha publicación utilizouse falciño real (6A). Na bibliografía ornitolóxica,

os nomes portugueses son andorinhão-real e andorinhão-de-ventre-branco (2A, 10A, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. No Atlas de vertebrados de Galicia recóllense especificamente para A.

melba os nomes de *vencello real e falciño rei (7A). Na guía de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López tamén se apuntan as denominacións xenéricas de birrio, cirrio e anduriño (1A).

Outros nomes xenéricos populares están apuntados en A. apus.

● Dicionarios consultados. Recollen os nomes xenéricos indicados en Apus apus. Ademais, no

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a voz

andurón, definida como "espécie de vencello (páxaro)", e dáse como nome científico Apus melba.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, andoriñón fai referencia ao seu

parecido cunha andoriña e ao seu tamaño grande, mais non ten parentesco ningún; grande alude ao

182

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!