19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

identifica con chotacabras; a voz noutarega está definida como ave que voa baixo e chía, sen relación

coas anteriores; a voz dormitona identifícaa con chotacabras de Europa. O Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a

voz castelá chotacabras as voces galegas xenéricas noitarega, noitibó, noitébrega, denoiteira e

noitebra, e especifica para chotacabras de Europa dormitona. No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas noite-boa (nunha das

acepcións remite a noitébrega, que non ten entrada propia); a entrada ralo, que nunha das súas

acepcións define como "ave nocturna de mau agoiro" sen especificar máis. O Diccionario de sinónimos

da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle na

entrada noitebra os sinónimos avenoiteira cinsenta, denoiteira, dormitona, noitarega,

noitarela, noiteboa, cinsenta, noitébrega e trasnoiteira como sinónimos específicos para na

entrada noitebra os sinónimos identificados con C. europaeus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas avenoitera (como galega non preferente,

remite a noitarega), noitarenga (como galega non preferente, remite a noitarega), noutarega (como

galega non preferente, remite a noitarega), denoiteira (galega e preferente, identifícaa

especificamente con C. europaeus e dá os sinónimos noitarega, noitebra e noitébrega), noiteboa

(galega e preferente, dá o sinónimo noitebra; tamén aplica esta denominación a Tyto alba), noitarega

(galega e preferente, identifícaa especificamente con C. europaeus e dá os sinónimos noitebra,

denoiteira e noitébrega), noitebra (galega e preferente, identifícaa especificamente con C. europaeus e

dá os sinónimos noitarega, denoiteira e noitébrega), noitébrega (galega e preferente, identifícaa

especificamente con C. europaeus e dá os sinónimos noitarega, denoiteira e noitebra); rexeita a voz

chotacabras, que remite a noitébrega.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Por exemplo, en Teatro de Máscaras de Otero

Pedrayo (1934): "Canta a noitébrega, desparés a fermosa ilusión e o vello (está) debruzado na aldea

tristeira". Ou tamén este mesmo autor n' A Lagarada (1928): "... parou de chiar a noitébrega nos

loureiros... ". Avelino Gómez Ledo emprega noitebra na tradución de poetas gregos e latinos (1973):

"... dixo e foise envolveito nas azas da noitebra... ". C. Pedreira López tamén escribiu uns versos onde

emprega avenoiteira: "Chega a noite, miña filla, / a avenoiteira anda a pasar; / nos freixos treman

as follas, / a vida quer repousar" (1A).

● Etimoloxía / motivación semántica. Case todas as denominacións están motivadas polos seus

hábitos crepusculares. O nome cavón, tamén apuntado para rapaces nocturnas, ten unha orixe

onomatopeica segundo explica I. Alonso Estravís (da voz cavarcavar, que parece máis propia do xénero

Caprimulgus que de rapaces nocturnas). O modificador cincenta fai referencia á cor da súa plumaxe;

da-Europa, á súa área de distribución; común indica que é a máis habitual das dúas noiteboas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Malia avenoiteira e

noiteboa seren dúas denominacións galegas perfectamente válidas para as especies do xénero

Caprimulgus, M. A. Conde Teira comenta que a denominación noiteboa ten ao seu favor a similitude co

portugués noitibó, xa rexistrada no século XV, e que unha forma semellante, noiteboá, parece ter

unha notábel difusión na provincia de Ourense (12B). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

comentan que o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega recolle o nome xenérico de noiteboa por ser

o máis común (10B).

noiteboa rubia Caprimulgus ruficollis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Avenoiteira papuda foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén

noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 10A, 13A, 14A, 18A e 11B). En dúas publicacións, talvez por

erro, empregouse avenoiteira cincenta para esta especie e avenoiteira común para Caprimulgus

europaeus (7A e 12A). En 1991, a denominación proposta por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

foi noiteboa rubia (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é noitibó-ruivo e noitibóde-nuca-vermelha

(2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Como xa se comentou para Caprimulgus europaeus, unha grande

variedade de nomes populares xenéricos poden ser aplicados a ambas as dúas especies.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas apuntadas en Caprimulgus

europaeus, mais ningunha específica para C. ruficollis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de denominacións xenéricas

na nosa literatura, véxase C. europaeus.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica das denominacións

xenéricas, véxase C. europaeus. Os modificadores "rubia" e "de-nuca-vermelha" fan referencia á cor

da súa plumaxe, o trazo fisicamente máis distintivo de C. europaeus; "papuda" probabelmente

181

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!