19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nomenclatura de la fauna y floras marítimas de Galicia. II Mamíferos, aves y algas, de María do Carme

Ríos Panisse, publicado na revista Verba (1983). Igualmente en relación cos nomes populares, cómpre

salientarmos outros varios traballos e achegas, algúns novamente de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López, e tamén os de A. Villarino Gómez, S. González, F. Bárcena, E. Corral Díaz, T. A. Vidal Figueroa,

M. A. Conde Teira e C. García González (véxase a bibliografía). Convén destacar tamén nesta alínea a

publicación de Francisco Bernis Madrazo Diccionario de nombres vernáculos de aves (1995), que foi

outra das obras consultadas. F. Bernis achega unha montoeira de nomes das aves da Península Ibérica,

a maioría deles rexistrados polo propio Bernis, e, aínda que maioritariamente son nomes casteláns,

tamén trae moitos galegos, inclusive das zonas de fala galega de Asturias, León e Zamora.

Para alén do devandito, hai unha serie de publicacións antigas que achegan nomes galegos

populares das aves. Neste traballo só se fai referencia a elas indirectamente, as máis das veces a

través de F. Bernis Madrazo (que as recolle no seu Diccionario de nombres vernáculos de aves). Estas

publicacións son: Catálogo de las aves observadas en las cercanías de Santiago, de Ríos Naceyro,

publicado nas Memorias da Real Academia de Ciencias, I, en 1850; Aves de España, de J. Arévalo Baca,

publicado nas Memorias da Real Academia de Ciencias, XI, no ano 1887; As Aves da Galiza, de L.

Iglesias, publicado nos Arquivos do Seminario de Estudos Gallegos, en Santiago de Compostela en

1927; Fauna da Galiza, III Aves, tamén de L. Iglesias, publicado en Santiago de Compostela en 1954.

Para os nomes portugueses das aves, cítanse como publicacións antigas: Libro que fez Enrique

emperador, tradución portuguesa de Enrique, Emperador de Alemania, publicada por edicións Tilander

alá polo ano 1460 (Biblioteca Menéndez Pidal), e Arte de caça de altaneria, de D. Fernandes Ferreira,

publicado en Lisboa en 1616.

Así mesmo, para os nomes populares consultouse o Catálogo de voces y frases de la lengua

gallega de frei Martín Sarmiento, que contén nomes galegos de aves arrecadados no século XVIII, e

outros dicionarios e vocabularios galegos dos séculos XIX e XX (véxase bibliografía).

● Dicionarios consultados (terceiro parágrafo de cada especie). Recolle nomes xenéricos ou

específicos que aparecen para ese paxaro en varios dicionarios, que apuntamos a seguir.

Para todas as especies consultáronse catro dicionarios: o Diccionario galego-castelán de X. L.

Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, o Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo

Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, o Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, e o Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores. Os dous primeiros dicionarios, máis vellos, escolléronse por achegaren moitas voces

dialectais ou locais, moitas máis do que noutros dicionarios recentes, e, xa que logo, podían resultar

pequenas xoias que completasen os nomes galegos das aves. Os seguintes dous escolléronse por seren

dicionarios máis completos e por reflectiren a modernidade e o proceso actual de codificación e

estandarización do galego. O dicionario da editorial Xerais aínda viu unha nova edición (2009), que a

respecto da edición do ano 2000 non comporta unha achega lexicográfica substancial nova no campo

semántico da ornitoloxía, mais que tamén, para algunha especie, por algún motivo concreto,

menciónase.

De igual modo que se fixo cos catro devanditos, revisouse para todas as especies un dicionario

de sinónimos particularmente rico no que atinxe aos nomes das aves: o Diccionario de sinónimos da

lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, que incorpora

algunhas denominacións que aínda enriquecen as anteriores.

Para alén disto, nalgunha especie menciónase de modo puntual un que outro dicionario ou

traballo lexicográfico máis, que achega unha nova denominación ou explicación. Así, por exemplo, só

en Fratercula arctica se menciona o Dicionario da lingua galega de Obradoiro/Santillana (2005), pois

para esta especie este dicionario apunta o nome papagaio mariño, que non se recolle noutras fontes.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Nesta alínea recóllense exemplos sobre o emprego

dalgúns nomes de paxaros na nosa literatura, tanto na literatura de autor/a como na literatura popular

de transmisión oral.

● Etimoloxía / motivación semántica. Inclúe comentarios sobre a etimoloxía ou explicacións

sobre a motivación semántica dos nomes mencionados nos parágrafos anteriores.

Nalgúns casos utilizáronse os famosos dicionarios críticos etimolóxicos da lingua castelá de J.

Corominas e J. A. Pascual; noutros, achéganse as explicacións de diversos autores ou comentarios

persoais. Con todo, non sempre foi posíbel dar cunha etimoloxía ou motivación semántica clara para

todas as denominacións.

18

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!