19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O termo común

engádese ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo

nome xenérico, aínda que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciala delas.

bufo pequeno Asio otus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mou foi o nome proposto por C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na primeira

guía de aves destes autores e recolleuse noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 2A e 18A). Bufo

pequeno foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B); empregouse nas seguintes guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A),

no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou empregado tamén noutras publicacións

(3A, 8A, 10A, 13A, 14A e 15A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é bufo-pequeno (2A,

10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou moucho para esta especie nas terras da Limia

(9A). Xurxo de Vivero e a SGHN tamén apuntan a denominación de mou (3A e 7A).

● Dicionarios consultados. Non se atopou unha denominación específica para Asio otus. No

Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, aparece a entrada

noitebra identificada coa voz castelá búho, e a castelá búho identificada coa galega moucho. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, dá para a voz castelá búho as voces galegas bufo, moucho e noitebra. No Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada bufo, que

fai referencia de maneira xenérica a aves nocturnas de rapina, e a entrada cavón, denominación

identificada xenericamente coas voces moucho, bufo, bubo (esta última non ten entrada propia).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de bufo, véxase Bufo bufo.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e semántica de bufo e moucho,

véxase Bubo bubo e Athene noctua, respectivamente. I. Alonso Estravís explica a orixe de cavón como

onomatopeica, da voz cavarcavar, que podería ser de A. noctua (mais parece máis propia doutras aves

moi diferentes, do xénero Caprimulgus, tamén crepusculares). O modificador pequeno fai referencia

ao seu tamaño, en comparación co de B. bubo. Noitebra alude aos seus hábitos nocturnos (aínda que

é unha denominación propia doutras aves nocturnas bastante diferentes, do xénero Caprimulgus). Non

se encontrou unha explicación clara para o nome mou; talvez sexa onomatopeico (este paxaro emite

un son parecido, unha especie de uuu, uuu).

curuxa das xunqueiras Asio flammeus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Curuxa das xunqueiras foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse

nas guías de aves de X. M. Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e tense recollido ou utilizado

tamén en moitas máis publicacións ornitolóxicas (2A, 3A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A,

16A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é coruja-do-nabal (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Dicionarios consultados. Aparecen os nomes xenéricos xa mencionados nas outras especies

desta familia. Ademais, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparece a subentrada curuxa-das-xunqueiras na entrada "curuxa", para se referir

especificamente a Asio flammeus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e semántica de curuxa, véxase Tyto

alba. Os modificadores das xunqueiras e do-nabal fan referencia ao seu hábitat.

bufo real Bufo bufo

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bufo foi a denominación proposta por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra publicación

ornitolóxica (1A, 2A e 8B). Bufo real foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e

T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira

López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou empregado tamén

noutras publicacións ornitolóxicas (3A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A e 18A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é bufo-real (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

178

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!