19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Penas Patiño e C. Pedreira López e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra publicación (1A, 2A,

18A e 8B); moucho de orellas empregouse nas seguintes guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén

noutras publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 11B). Nunha

publicación, empregouse bufiño asubiador (3A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

mocho-d’orelhas, mocho-pequeno-d’orelhas (2A, 10A, 1D e 3D; o primeiro con máis frecuencia)

ou tamén mocho-d’orelhas-comum (2D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a denominación de moucho

nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). Xurxo de Vivero apunta para a especie a

denominación de moucho das orellas (3A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a subentrada paxaro da morte identificada coa voz castelá autillo. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, identifica a voz castelá autillo coa galega paxaro da morte. No Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece especificado moucho das

orellas para Otus scops na entrada "moucho" e dá o sinónimo páxaro da morte. No Gran Diccionario

Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada moucho, nunha das súas

acepcións, como denominación xenérica das aves nocturnas de rapina.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de moucho, véxase Athene

noctua.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía e semántica de moucho, véxase

A. noctua. O modificador de orellas ou similares fan referencia ás plumas que ten a ambos os lados da

cabeza, que dan a impresión de seren orellas (pero non teñen nada a ver con elas, anatomicamente).

Bufiño asubiador é unha denominación que indica, por unha parte, que é da familia dos bufos e de

tamaño pequeno, e, por outra parte, que cando canta fai coma unha especie de asubío. Paxaro da

morte baséase en supersticións populares.

avelaiona (ou avelaiona común) Strix aluco

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Avelaiona foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B) e tamén por M. A.

Conde Teira en 1999 (12B); utilizouse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A,

5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou utilizado tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 3A, 8A, 6A, 13A, 14A, 18A e 11B; nalgunhas, avelaiona común). En

1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeron curuxa do bosque (10B). Nalgunha publicación

empregouse curuxa do souto (8B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é coruja-do-mato

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou a denominación popular de moucho para esta

especie nas terras da Limia (9A). Xurxo de Vivero engade para Strix aluco os nomes de curuxa do

souto (3A). No Atlas de vertebrados de Galicia apúntase tamén moucho real, curuxa do souto e

ave da morte (7A). M. T. Acosta García rexistrou avelaiona no galego de Piedrafita (3C). M. A. Conde

Teira indica que avelaiona e laiona son nomes populares da especie no Cebreiro e a comarca dos

Ancares (12B).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas para aves nocturnas de rapina

xa mencionadas noutras especies. Ademais, o Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo

Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a entrada española cárabo as voces

galegas *cárabo e paxaro da morte, aínda que a primeira é un castelanismo. No Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada avelaiona para se

referir especificamente a Strix aluco. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparece a entrada avelaiona (como voz galega e preferente), que define e identifica con S.

aluco, e a entrada aveleitosa (como galega mais non preferente), que remite a avelaiona. No

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente, recóllense como

sinónimos de curuxa, especificando o nome científico S. aluco, e diferenciándoo de Tyto alba, as

denominacións ave laiona, curuxa do bosque, curuxa do souto e curuxa laiona.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. O seu nome está recollido no refraneiro: "Se a

avelaiona laia, prepara a mortalla."

Canto á literatura de autor, Xosé Miranda emprega o nome deste paxaro en Morning Star

(1998): "Laiaba a avelaiona e alguén petaba na porta da taberna... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, os nomes laiona e avelaiona están

relacionados co seu canto, que parece un laio. Para os nomes xenéricos moucho e curuxa, véxase

Athene noctua e T. alba, respectivamnete. Os modificadores do bosque, do souto e do mato aluden

ao seu hábitat forestal. Paxaro da morte e similares baséanse en supersticións populares.

177

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!