19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

(Zamora); loutarega, en Sela; curuxa, a denominación máis común na Galiza, incluíndo tamén parte

do galego exterior, en Asturias, León e Zamora; coruxa, en Mesoiro (Elviña), Rivadulla, Santa Comba,

Savane, Outeiro, A Mezquita, Baltar, Calvos, Lougares (Mondariz), Torneiros (Porriño), Vilachán

(Tomiño), Moaña (Asturias) e Calafresnas (León); cruxa, sobre todo na provincia da Coruña (Deixebre,

Novefontes, Ponteceso, Sísamo, Ortoño e Outes) e ademais en Hermisende (Zamora) e Baloira (A

Estrada); cacaruxa, en Pontevedra; bufo, en Outeiro (Folgoso do Courel); cabra, en Robledo de

Domiz; cabuxa do aire, na Estrada; paxaro da morte, en Lérez e Penosiños; raposa da morrasa,

en Traba e paxaro da auga, en Lérez (8B).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, dá para a voz castelá lechuza a galega curuxa, e inclúe as entradas abegoa (remite

a "curuxa"), coruxa (remite a "curuxa") e curuxa, a identificada con lechuza. O Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, identifica a

voz castelá lechuza coas galegas coruxa, curuxa e abegoa. No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas coruxa e curuxa para se

referir a T. alba; na entrada "páxaro" ou "paxaro" inclúe a subentrada páxaro-da-morte, nome con

que se refire ao corvo ou a coruxa; na entrada "ave" inclúe tamén a subentrada ave de mal agoiro,

neste caso referíndose ao moucho ou á coruxa. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, trae as entradas curuxa (como galega e preferente) e coruxa (como galega non

preferente, remite a curuxa), para T. alba; na entrada ave inclúe tamén a subentrada ave de mal

agoiro, nome con que se refire ao moucho ou á curuxa. No Diccionario de sinónimos da lingua galega

de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente, recóllense como sinónimos de curuxa, especificando o

nome científico T. alba, as denominacións ancrusa, aveleitosa, ave de mal agoiro, ave noite, ave

noitébrega, curuxa común, noitébrega, noitarega, noiteboa e noitebra.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Non é raro que tanto coruxa como curuxa

aparezan nas obras literarias galegas. Por exemplo, Ramón Cabanillas empregou coruxas e curuxas

en No desterro (1921 e 1926): "As coruxas do amor chisconeian na sombra das esquinas... ".

(Variante en 1926: curuxas). Gonzalo R. Mourullo usa coruxa en Nasce un árbore (1954): "Si te

achegas á xanela e a abres, toparaste tal vez co canto da coruxa... ". Álvaro Cunqueiro emprega a voz

curuxa n' O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959): "...berradoras curuxas da

noite... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. A motivación semántica de paxaro da noite, ave

noiteira, noutarega e lotarega ou similares atópase nos hábitos nocturnos deste paxaro. Para a voz

coruxa e similares, aínda que son moitas as explicacións posíbeis, o que parece máis convincente é

que sexan onomatopeicas, que reflictan os chíos, susurros e bufidos que emite a ave, aínda máis cando

existe o verbo "curuxar" para se referir a acción de cantar a curuxa e cando cacaruxa, outra das

denominacións da especie, inclúe ao comezo dúas notas de chío que tamén emite esta ave. Bufo é o

nome doutra rapaz nocturna, Bubo bubo, que nunha localidade utilizan para T. alba. Aveleitosa fai

referencia á súa plumaxe branca. Cabra e cabuxa do aire son por causa dunha asociación popular

desta ave coa cabra, que tamén acontece noutras linguas como o francés e o italiano, posíbelmente

baseada en supersticións, o mesmo que paxaro da morte ou raposa da morrasa; paxaro da auga

relaciona esta ave con mudanzas no tempo meteorolóxico, crenza falsa que tamén está presente

noutras culturas, e que no caso da galega está reflectida mesmo en refráns, como curuxa noiteira,

malladora á eira e curuxa tardega, auga noitega (8B). Alén diso, abegoa talvez teña unha orixe

popular baseada na superstición, en relación con traer sorte, boa ou mala, por "ave" e "agoiro", ou se

cadra ten relación con "avegoso" ou "avogoso", santo que é bó para dar remedio para unha

enfermidade (e de "avegosa" sairía "avegoa").

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á denominación

específica, o termo común engádese ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras

especies que teñen o mesmo nome xenérico, aínda que non se observaren na nosa xeografía, para

diferenciala delas.

Familia Pteroclidae

moucho de orellas Otus scops

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Moucho das orellas foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén un nome moi similar, moucho de orellas, en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e

T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Moucho das orellas utilizouse na primeira guía de aves de X. M.

176

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!