19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Myiopsitta monachus. O modificador de Kramer tamén está presente no nome científico e alude a

Wilhelm Heinrich Kramer, naturalista austríaco do século XVIII; rabijunco alude ao rabo que ten, moi

longo e fino, semellante a un xunco.

Familia Cuculidae

cuco común Cuculus canorus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cuco común foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

–cuco– en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

utilizouse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A,

10A, 11A, 13A, 16A e 18A). Nalgunhas publicacións empregouse cuco vulgar (8A, 12A, 14A e 15A).

Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é cuco, cuco-canoro (2A, 10A e 1D) ou tamén cucocinzento

(2D e 3D).

● Nomes populares. Cuco é a denominación popular máis estendida na Galiza (11B e 3C). A.

Villarino Gómez rexistrou a denominación cuco nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia

(9A); igualmente, o autor do presente traballo. A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R.

Reigada e X. Rodríguez recollen cuco para C. canorus na comarca de Verín (23B). C. Pedreira López et

al. rexistraron os nomes de cuco e cucú para C. canorus no concello de Ames, na provincia da Coruña

(9B). F. Fernández Rei rexistrou a variante cucú en Cariño; R. Seco Fernández, en Santa Comba; F.

Varela González, en Santaia; A. Pérez Cid, en Marín; M. C. Gil Suárez, en Vilardevós (3C). Na primeira

guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López tamén se apunta o nome de cucú (1A). No

refraneiro popular galego recóllese cuco (véxase uso do seu nome na nosa literatura). Ademais,

existen as expresións populares "ledo [ou leda] coma un cuco", "contento [ou contenta] coma un

cuco" e "máis contento [ou contenta] que un cuco".

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, define a voz galega cuco, nunha das súas acepcións, coa castelá cuclillo (Cuculus

canorus). O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo

(1984), da editorial Akal, identifica a voz castelá cuco (Cuculus canorus) coa galega cuco. O Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, identifica cuco, nunha das

acepcións, co nome científico Cuculus canorus, e así mesmo cucu, nunha das súas acepcións, que

remite a cuco. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle cucú como sinónimo de cuco, identificados con C. canorus. O Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, define a voz cuco, nunha das súas

acepcións, como C. canorus.

Uso do seu nome na literatura galega. A voz cuco tense recollido con frecuencia nas nosas

letras. Así, por exemplo, Marcial Valladares en Maxina ou a filla espúrea, escrita no ano 1880: "...

cantaban xa o millán garrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirais, o

paspallás entre os centeos e os xílgaros e carriciños, os chincheiros e xiríns desfacíanse nos eidos

mirando cada un para o seu amor ...". Igualmente, Ramón Cabanillas, en No desterro (1913): "...o

cuco, ese perguiceiro / viaxante sin fogar / que por non facer o niño / déitase no dos demais!". Tamén

Álvaro Cunqueiro, en varias das súas obras, como en Escola de menciñeiros (1960): "...Cando se

escoita falar ó cuco en abril ou maio... ".

No refraneiro popular tamén se recolle cuco:

"Catro aves voadoras son as que pasan o mar: a andoriña e mais o cuco, a rula e o paspallás."

"O cuco a cucar e os paxaros a picar."

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) apuntan ademais un cantar popular onde aparece o

vocábulo cuco: "En ben vin estar o cuco / no bico do ameneiro, / cunha subela na man / aprendendo a

zapateiro".

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación deste paxaro ten unha motivación

onomatopeica, reproduce o seu canto: cuu-cuu, cuu-cuu. Canoro salienta aínda máis o feito de cantar.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O termo común

engádese ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo

nome xenérico. O modificador vulgar tamén indica que é unha especie común ou habitual.

174

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!