19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é rola-turca (2A, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. O nome xenérico, como xa se comentou para Streptopelia turtur, ten dúas

variantes: rula e rola, ambas as dúas amplamente estendidas por Galiza e recollidas por igual no

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.

● Dicionarios consultados. Aparecen os nomes xenéricos xa comentados en Streptopelia turtur.

Ademais, o Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

especifica a denominación rola turca para Streptopelia decaocto. O Diccionario de sinónimos da lingua

galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle rola de colar,

rola turca e rula de colar como sinónimos específicos para S. decaocto. Tamén o Gran Diccionario

Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, especifica as denominacións rola turca e rula

turca para a especie S. decaocto.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Streptopelia turtur.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica de rola e rula, véxase

Streptopelia turtur. O modificador turca fai referencia á súa área de distribución inicial na Europa:

Turquía (desde alá foise estendendo por Europa cara ao Leste, até chegar á Galiza).

Familia Psittacidae

catorra monxe Myiopsitta monachus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cata foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A.

Conde Teira (12B); utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (12A, 13A, 15A e 16A). Noutras

publicacións tamén se empregou o nome de cata arxentina (8A, 14A e 18A). Na terceira guía de C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A) e unha publicación (11A), cotorra de peito gris. No Brasil

recibe os nomes xenéricos de catorra e caturrita (12B, 1D, 2D e 3D; o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie exótica que está a vivir e a criar xa en liberdade no noso

país desde hai poucos anos, e non se lle coñecen nomes populares non sendo o de cata, que é o que

empregan os paxareiros do sur de Pontevedra (12B).

● Dicionarios consultados. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F.

Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, identifica a voz castelá cotorra coa galega cotorra. No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada

xenérica papagaio para este tipo de aves. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparece a entrada xenérica papagaio para este tipo de aves.

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, cata, catorra e similares parecen

provir do castelán cotorra; J. Corominas, no Diccionario Crítico Etimológico de la Lengua Castellana,

indica que a denominación cotorra parece relacionada con cotorrera, muller que é faladeira, e con

cotarrera, muller que pasa o tempo en visitas inútiles; catalina, catita e caturra, nomes tamén

casteláns para a ave, proceden do nome propio de muller Catalina. Papagaio provén do árabe

babbagâ. O modificador de peito gris fai referencia á súa plumaxe; monxe, ao seu nome científico e

probabelmente tamén á plumaxe; arxentina, á súa área de distribución orixinaria.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Cata probabelmente

sexa un castelanismo (é unha denominación popular castelá). Catorra monxe, para alén de

incorporarmos o xenérico propio catorra, é unha denominación transparente (permitiría formar

eficazmente o nome catorra monxe boliviana para Myiopsitta luchsi).

catorra de Kramer Psittacula krameri

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Catorra de Kramer foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B). Nalgunha publicación ornitolóxica empregouse cotorra de

Kramer (10A e 16A). Noutras publicacións recolleuse ou empregouse cata de Kramer (8A, 14A e

18A). No Brasil recibe os nomes xenéricos de catorra e caturrita e en Portugal recibe o nome

específico de periquito-rabijunco (12B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie exótica que xa está a vivir e criar en liberdade no noso país

desde hai poucos anos e non se lle coñecen nomes populares galegos.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas apuntadas na especie anterior.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e semántica de catorra, véxase

173

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!