19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

acepcións da entrada pomba. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores,

dá a voz xenérica pomba, e define pombo (nunha das acepcións) como macho da pomba.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz xenérica pomba tense empregado con moita

frecuencia na nosa literatura. Por citarmos algún texto, Eduardo Pondal utilizouna en Queixumes dos

pinos (1886): "... nin a branca e doce pomba / larga o montesío azor ... ". Tamén Álvaro Cunqueiro

emprega pomba en varias das súas obras, como n' O incerto señor don Hamlet (1959): "...Coran as

súas ameas pombas no día e berradoras curuxas na noite... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, pomba e pombo proveñen do latín

vulgar palumba, que por súa vez provén do do latín clásico palumbes, segundo indican J. Corominas e

J. A. Pascual no Diccionario Crítico Etimológico Castellano e Hispánico. Os modificadores brava e

montesa indican a súa condición salvaxe; das rochas fai referencia ao seu hábitat (en estado

salvaxe). As voces sura e zura parecen onomatopeicas. Non se encontrou unha explicación para a

denominación pigarro.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que, ao non haber unha denominación específica en galego, escolleron o

nome portugués (10B).

pombo pequeno Columba oenas

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pomba zura foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións (2A, 6A, 11A, 15A e 18A). Pombo pequeno foi

proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunha publicación

ornitolóxica (13A). Noutras publicacións utilizouse o nome de pomba das fragas (8A, 10A, 12A e

14A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran a denominación de pombo bravo

(10B). Nunha publicación utilizouse o nome de pomba pequena (16A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son pombo-bravo e seixa (2A, 10A, 11B, 1D e 3D; o segundo con máis

frecuencia), ou tamén seixa-europeia (2D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións populares

galegas de pombo gris e pombo pequeno nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A).

● Dicionarios consultados. As voces xenéricas encontradas nos dicionarios consultados

recóllense en Columba livia. Ademais, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a denominación pomba zura especificamente para Columba oenas,

nunha das acepcións da entrada pomba. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X.

M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle zura como sinónimo de pomba e

identificado con C. oenas. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores,

identifica a voz xenérica pomba, nunha das súas acepcións, tamén con C. oenas.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Columba livia (para pomba) e Columba

palumbus (para pombo).

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de pomba e pombo, véxase C.

livia. O modificador pequeno fai referencia ao tamaño da especie; bravo indica a súa condición

salvaxe; das fragas fai referencia ao seu hábitat; zura é unha voz popular, talvez onomatopeica, pois

parece que imita o arrulo da especie. H. Costa et al. apuntan que seixa é unha voz xa documentada no

1253 nunha lista de aves de caza (1D).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que só coñecen o termo zura (con seseo: sura) como voz para chamar as

pombas domésticas; ao non haber unha denominación específica en galego, escolleron o nome

portugués, pombo bravo (10B). Mais tamén comentan que esta denominación é ambigua e se pode

aplicar a calquera especie do xénero Columba que non sexa doméstica (10B). Posteriormente, M. A.

Conde Teira optou polo nome pombo pequeno (12B), rexistrado por A. Villarino Gómez no galego da

Limia (9A).

pombo (ou pombo torcaz) Columba palumbus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pombo foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas

(1A, 2A, 8A, 10A, 13A, 14A e 18A). Pombo torcaz foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos

de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas seguintes guías de aves de

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunhas

170

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!