19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

I. Estruturación deste traballo e fontes bibliográficas

Como se pode ver no índice, o groso do corpo do traballo desenvólvese especie por especie

(sección II). Como aves da Galiza consideráronse todas as que se poden observar na nosa terra,

incluíndo as que son moi raras ou de aparición excepcional, como por exemplo a gaivota arxéntea

americana (Larus smithsonianus) ou o picafollas de Hume (Phylloscopus humei), e tamén algunha

especie para a que só existen referencias xa antigas, como é o caso da gralla calva (Corvus

frugilegus).

É importante termos en conta que, para cada unha das especies, a información estrutúrase

sempre coa orde e coas alíneas seguintes:

● Bibliografía ornitolóxica especializada (primeiro parágrafo). Son os nomes recollidos para esa

especie nas publicacións especializadas en ornitoloxía.

Aínda que, como se vai ver, recóllense de moitos traballos, os máis destacados son a Lista

patrón de aves de Galicia de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, publicada na revista

Braña da Sociedade Galega de Historia Natural en dous números (o de 1977 e o de 1978); as

denominacións galegas das aves das tres guías de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López:

Guía das aves de Galicia (1980), Guía das aves de Galicia (1991) e igualmente Guía das aves de Galicia

(2004), a primeira editada por Galaxia e a segunda e a terceira por Bahía; a comunicación de Tiago A.

Vidal Figueroa e Miguel A. Conde Teira, Nomes galegos para as aves ibéricas, publicada no ano 1991

nas Actas do Primeiro Congreso de Ornitoloxía, editadas pola Universidade de Santiago de Compostela,

e o artigo de Miguel A. Conde Teira, Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada,

publicado no ano 1999 na revista Chioglossa, editada polo grupo naturalista Hábitat.

Canto aos nomes portugueses das aves, que se apuntan sempre como referente con que se

comparan ou cotexan os nomes galegos, recorreuse sobre todo aos Nomes portugueses das aves do

Paleárctico Ocidental (Helder Costa et al., 2000), á Lista sistemática das aves de Portugal Continental

(Rafael Matias et al., 2007) e á guía Aves de Portugal. Incluindo os arquipélagos dos Açores, da

Madeira e das Selvagens (Helder Costa et al., 2011).

● Nomes populares (é sempre o segundo parágrafo de cada especie). Son denominacións

populares para ese paxaro, quer xenéricas quer específicas, vivas na fala, rexistradas en diferentes

lugares da xeografía galega por moitos autores/as (o autor deste traballo inclusive).

Utilizáronse para esta alínea diversos traballos, entre os que é preciso salientarmos o excelente

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!