19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Nomes populares. É unha especie de ocorrencia moi rara na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada ganga, que se define como vocábulo referido ás "aves da

família das pteróclidas".

● Etimoloxía / motivación semántica. F. Bernis Madrazo comenta que os vernáculos como

cortizol ou similares están inducidos polo inconfundíbel berro de Pterocles orientalis: "corr..., corr..." ,

unha especie parecida a Pterocles alchata, aínda que non se observa na Galiza (11B). M. A. Conde Teira

e T. A. Vidal Figueroa comentan, no entanto, que cortiçol talvez deriva de cortiça, cortiza, pola

semellanza da súa plumaxe coas cascas das árbores (10B). O modificador de barriga branca indica un

dos trazos da plumaxe que distinguen esta especie de Pterocles orientalis.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que as especies do xénero Pterocles son descoñecidas na Galiza, que non

teñen nome na lingua falada, polo que propoñen o nome xenérico de cortizol, tomado do portugués

cortiçol, para as dúas especies da familia: P. alchata e P. orientalis (10B). En 1999, M. A. Conde Teira

recupera o nome de ganga para P. alchata (a única especie observada na Galiza, algunha vez), porque

tamén o fai a nova lista sistemática portuguesa (12B). F. Bernis Madrazo comenta que ganga é un

nome vernáculo castelán e tamén portugués, usado xa por Fernandes Ferreira no ano 1616 (11B).

O termo común engádeselle ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras

especies do mundo que teñen o mesmo nome xenérico (ganga), aínda que non se observaren na nosa

xeografía, para diferenciar Pterocles alchata das outras. En galego, porén, ten moito máis xeito nese

caso empregarmos o modificador ibérica, que alude á súa localización xegráfica de P. alchata, pois non

é para nada “común” na nosa terra.

Familia Columbidae

pomba das rochas Columba livia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pomba brava foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e recolleuse nalgunha outra publicación (2A e 18A). Pomba das rochas foi o nome

proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 15A e 14A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran pombo das rochas (10B); tamén se utilizou nalgunha publicación (13A e 16A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pombo-das-rochas ou pombo-da-rocha (2A, 10A, 11B,

1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. C. García González rexistrou o nome xenérico sura para denominar á

pomba, en Compostela (3C). A voz sura tamén foi rexistrada en Ferreira de Pantón por J. A. Palacio

Sánchez, mais non para designar a ave, senón para chamala (3C). C. Pedreira López et al. rexistraron

os nomes de *paloma e pomba para Columba livia no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B).

Cómpre facer unha mención especial do traballo lexicográfico publicado en 1976 na revista Verba,

"Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (2B); estes autores rexistraron as voces populares para estas especies en máis de 200

localidades galegas repartidas nas catro provincias e recolleron referencias bibliográficas sobre as

denominacións galegas referidas tamén a estas especies; no que respecta especificamente a C. livia, os

autores rexistraron as voces populares de pigarro, só na serra do Invernadoiro, Ourense, e pomba,

en varias localidades, referido á pomba doméstica, e citan tamén a Valladares (1884), que dá para

esta especie pomba montés, e unha publicación do Consejo Económico Sindical del NO (1964), que dá

para a especie a denominación pombo bravo; a denominación pomba brava, sen identifiación dunha

especie concreta, foi recollida en tres puntos (2B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas pomba, identificada de forma xenérica coa voz castelá paloma,

pombo (nunha das súas acepcións) como macho da pomba; e zura e sura identificados con pomba. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, identifica a voz castelá paloma coa galega pomba e dá a voz sura para a subentrada

castelá paloma mansa. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparece a denominación pomba brava especificamente para Columba livia, nunha das

169

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!