19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

arao papagaio Fratercula arctica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Arao *loro foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse e utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A e 11B). Arao papagaio foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde

Teira (12B); empregouse nas seguintes guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e

22A) e tense recollido ou empregado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (10A, 11A, 12A, 13A,

14A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran a denominación de

galo do mar, vivo na fala galega, e xa suxeriron tamén daquela arao papagaio (10B). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é papagaio-do-mar (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes voces na fala para se referir en

concreto a Fratercula arctica: arau romo, no Grove; aro, en Foz; aro d’altura, en Camariñas; ave

inverniza, en Malpica; invernice, en Espasante; inverniso, en Camariñas; galo de mar(e), en

Corme e Bares; galo do mar(e), en Miño; galo marino, en Abelleira; galo mariño, en Ézaro; galo

monteiro (todas as voces galo escritas con "j", para marcar a gheada), en Sada e Malpica e pedro en

Sardiñeiro (7B). M. C. Ríos Panisse recolleu tamén unha referencia dunha denominación inespecífica,

pixoteiro, rexistrada en Marín, que apunta ao se referir a Fratercula arctica (7B). F. Bernis Madrazo

rexistrou tamén galo mariño e galo monteiro na provincia da Coruña, galo de mar e papatortas na

de Lugo e polo nas rías Baixas para se referir a esta especie (11B). F. Fernández Rei rexistrou tamén a

denominación arau romero, no galego de Cariño, especificamente para F. arctica (3C). Por outra banda,

unha morea de nomes xenéricos empregados en galego para este grupo de especies, os alcídeos, están

anotados en Alca torda.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican en Uria aalge.

No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, na entrada arau

achega a subentrada arau-*loro, nome que identifica especificamente con F. arctica e indica a

variante arau-rombo tamén para esta especie. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C.

Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle arao do patelo, arao *loro,

arao patexo, boto, caroza e mascateira como sinónimos específicos para F. arctica. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe na entrada arao (galega e

preferente) a subentrada arao *loro, nome que identifica especificamente con F. arctica. Ademais, é

interesante apuntarmos que no Dicionario da lingua galega Obradoiro-Santillana de 2005 (18G), esta

especie recibe o nome de papagaio mariño.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Uria aalge.

● Etimoloxía / motivación semántica. M. C. Ríos Panisse comenta que arao, arau, araxo, aro

etc., poden ter orixe onomatopeica; pixoteiro fai referencia ao peixe mariño, a pixota (Merluccius

merluccius), aínda que o paxaro non come estes peixes senón outros mís pequeniños; invernizo e

similares aluden a que o paxaro que vén ás nosas latitudes no inverno; pedro parece un nome

retranqueiro (7B). Por outro lado, galo mariño e galo monteiro son denominacións tamén aplicadas

a outras especies, como Vanellus vanellus, as gaivotas e os corvos mariños, e parece haber certa

confusión entre todas elas, tomando o nome dunhas e aplicándoo ás outras; fan referencia, como o seu

nome indica, o mesmo que polo, ao parecido cun galo ou cun polo; de altura indica que se observa en

lugares afastados da costa. Outras denominacións están comentadas en Alca torda.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa indican que *loro é un castelanismo evitábel e prefiren mellor papagaio (10B).

Familia Pteroclidae

ganga (ou ganga ibérica) Pterocles alchata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ganga común foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

–ganga– en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); utilizouse na segunda guía de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (5A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(2A, 8A, 14A e 18A) e tamén ganga ibérica (22A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran cortizol de barriga branca (10B); tamén se empregou nalgunha publicación ornitolóxica

(10A). Noutra publicación, utilizouse cortizol branco (14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son cortiçol-de-barriga-branca (2A e 10A), ganga (1D e 3D) ou tamén ganga-debarriga-branca

(2D).

168

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!