19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

gorda e baixa; o modificador de bico groso alude ao grosor do bico, maior que o doutras especies;

mergulheira fai referencia aos seus hábitos mergulladores. Outros nomes xenéricos inespecíficos

están comentados noutras especies da familia.

arao de á branca Cepphus grylle

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Arao de á branca foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nalgunha publicación ornitolóxica (13A; con ala en vez

de á). Nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e noutras

publicacións recolleuse ou empregouse arao alibranco (6A, 10A, 12A e 14A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é airo-d'asa-branca (1D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares, non sendo os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican en Uria aalge.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica dos nomes xenéricos, véxase

Uria aalge. Os modificadores fan todos referencia ás características manchas que esta especie ten nas

ás e que a distinguen doutras aves da familia.

arao pequeno Alle alle

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Arao piro foi a denominación proposta por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra

publicación ornitolóxica (2A e 4A). Arao pequeno foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos

de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 15 e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son tordamiúda

e torda-anã (2A, 1D e 3D; o primeiro máis frecuentemente).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou no galego falado as seguintes voces específicas

ou xenéricas para se referir en concreto a Alle alle: cabasiña, no Grove e Portonovo; carolo, en

Panxón, Cesantes e Bouzas; pío, en Rianxo; pío d’auga, escrito con "j" para marcar a gheada, en

Espasante; pito, en Rianxo; e pitorro, en Mogor, Corme e As Figueiras, e tamén recolle as

denominacións doutros autores, inespecíficas, pero que se poderían referir a esta especie: cabaciña,

piro, piru e pitorro (7B). Por outro lado, F. Bernis Madrazo apunta tamén para Alle alle o nome galego

de arao pito (11B). Ademais, unha morea de nomes xenéricos empregados na fala para este grupo de

especies, os alcídeos, están anotados en Alca torda.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican en Uria aalge.

Alén diso, no Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, aparece

unha acepción dentro da entrada cabaciña que define inespecificamente como unha clase de pato do

mar, que ben se podería referir a Alle alle. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995),

da editorial Sotelo Blanco, na entrada arau inclúese a subentrada arau-piro, nome con que se refire

especificamente a A. alle; inclúe tamén as entradas cabaciña, pito (nunha das acepcións) e pio,

referíndose especificamente a A. alle (inclúe ademais, nas dúas últimas, o sinónimo pitorro, que non

ten entrada propia). No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe na

entrada arao (galega e preferente) a subentrada arao piro, nome con que se refire concretamente a

A. alle; na entrada cabaciña, nunha das súas acepcións, indica "especie de parrulo de mar".

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Uria aalge.

● Etimoloxía / motivación semántica. M. C. Ríos Panisse comenta que cabasiña e cabaciña

refírense a cabaza, ou cabazo, e talvez estea empregado no sentido figurado de parvo, pasmón; pito,

estaría referido a poliño, polo tamaño e parecido cun polo (ten orixe onomatopeioca); pitorro pode ter

o matiz de repoludo, gordocho, que ten este vocábulo en potugués, ben indicativo do aspecto desta

ave; pío ten orixe onomatopeica, na voz que fai do paxaro; e carolo estaría relacionado co significado

que ten esta palabra de codia de pan e co significado figurado de parvo, pasmón (7B). Cabaciña e

cabasiña teñen talvez relación co corpo gordecho de Alle alle, co seu tamaño pequeneiro e con que

flota na auga; poderían orixinarse a partir da extensión do significado do nome similar, cabaciño, máis

coñecido e utilizado para Tachybaptus ruficollis, por confusión entre ambas as especies. Por outro lado,

os modificadores pequeno, miúda e anã fan referencia ao seu pequeno tamaño.

167

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!