19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

na primeira guía de aves destes autores e recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (1A, 2A e 11B).

Nas seguintes guías de aves destes autores e noutras publicacións utilizouse arao romeiro (5A, 11A,

17A e 18A). En 1991 e 1999, nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa, foi proposto

carolo (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e

16A). Conde Teira e Vidal Figueroa, en 1991, tamén propuxeron a denominación de arao de bico

groso, xunto coa de carolo (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é tordamergulheira

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes voces na fala para se referir en

concreto a Alca torda: arao bolarquento, en Escarabote; arau do patelo, en Cariño; arau

portugués, escrito con "j" para marcar a gheada, en Cambados; araxo da mascada, en Viveiro;

araxo do patexo, en Vares; aro ñopo, en Mera; bolaquento, en Ribeira; busaco, en Lira, Carril e

Portosín; carolo, en Sardiñeiro, Abelleira, Portonovo, Muxía e Cangas; morro, en Caión; ñopeiro, en

Mera; romo, en Cangas; e rulín, na Guarda (7B). R. López Loureiro apunta a denominación de caroza

en Cedeira para designar tamén Alca torda (14B). É interesante apuntarmos tamén a denominación

arau boto que se recolle no dicionario de Eladio Rodríguez e que parece estar referida especificamente

a Alca torda (9G).

Alén diso, entre os nomes xenéricos empregados en galego para esta familia, Alcidae, M. C.

Ríos Panisse recolle aire, airo, arán, aro, arao, arau, araxo, macurril, patalino, arau boto,

carolo, rulín, pixoteiro e vilarengo (7B). Con todo, M. C. Ríos Panisse relaciona as denominacións de

arau boto, carolo e rulín de certas localidades coa especie Alca torda (7B). F. Fernández Rei, por

outra banda, rexistrou as denominacións inespecíficas de arau, arau patelo e arau patexo no galego

de Cariño; A. Pérez Cid, arau no galego de Marín; M. C. Alonso Pérez, arao no galego de Escarabote

(3C). F. Bernis Madrazo tamén rexistrou as voces xenéricas de arao (na provincia de Pontevedra),

araxo (en Viveiro, Lugo), putorro (na provincia de Lugo), aro e arro (en Asturias e na provincia da

Coruña), morro (na provincia da Coruña) e menciona a voz arán recollida por Arévalo Baca en 1887

(11B). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan as denominacións xenéricas aro, arau,

guillemote e o castelanismo *pingüino (1A). Outras denominacións inespecíficas están apuntadas en

Uria aalge.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican en Uria aalge.

Ademais, no Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, dentro da

entrada arau, aparece unha acepción coa subentrada arau boto, ou carolo, que diferencia do

propiamente arau como outra especie, e probabelmente se estea a referir a Alca torda; carolo ten

entrada propia, que nunha acepción define como especie de corvo mariño ou pato bastante común no

mar das rías Baixas, e dá o sinónimo de arau boto. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, na entrada arau inclúese a subentrada arau-rombo, nome con que

se refire concretamente a A. torda, indicando as variantes específicas de arau-boto, arau-do-patelo e

arau-portugués; tamén inclúe especificamente para A. torda as entradas carolo (remite a arau-boto)

e morro (nunha das acepcións, dá o nome científico e indica que a especie tamén é coñecida por arao

ou carolo). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle arao romeiro, aro romeiro, carolo e carolo romeiro como

sinónimos específicos para A. torda. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, na entrada arao (galega e preferente) trae a subentrada arao romero, denominación que

identifica concretamente con A. torda; e na entrada patelo, a subentrada arao do patelo, nome que

tamén identifica con A. torda.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Uria aalge.

● Etimoloxía / motivación semántica. M. C. Ríos Panisse comenta que arao, arau, araxo, aro

etc., poden ter orixe onomatopeica; bolaquento podería estar relacionado con voar, e semanticamente

ser un despectivo referido á súa maneira de voar; busaco podería facer referencia ao bico rexo do

paxaro, pois buso, na ría de Muros, é boca (busaco pode ter relación con "buzaco", persoa que nunca

se farta, larpeiro, comellón); carolo estaría relacionado co significado que ten esta palabra de codia de

pan, ou co significado figurado de parvo, pasmón; morro e romo son dúas denominacións

relacionadas e fan referencia ao bico do animal, menos pontiagudo que o de Uria aalge; o nome

ñopeiro non ten unha explicación clara, talvez relacionado con ñapeiro e ñapar, furtar ás escondidas,

ou con rañoso, tramposo, ou con rañicas, rañento, mesquiño; rulín é unha denominación

onomatopeica; boto podería aludir a rudo, falto de enxeño (7B). Na nosa opinión, boto (e talvez

tamén rombo e romeiro) ben pode facer referencia tamén ao bico de Alca torda, que ofrece o aspecto

de non estar afiado, de non terminar en punta, e que resulta unha característica moi rechamante en

comparación co bico doutras especies de araos; de feito, este é o trazo que Eladio Rodríguez comenta

como distintivo e popular que identifica especificamente o arau boto (9G). R. López Loureiro explica

que o nome caroza con que se coñece Alca torda en Cedeira debe facer referencia ao aspecto

compacto deste paxaro, semellante ao dunha caroza, nome local da piña dos piñeiros (14B).

Por outro lado, o modificador popular portugués non ten un sentido claro; do patelo e do

patexo poden aludir ao crustáceo mariño que se chama así, que probabelmente forma parte da

alimentación de Alca torda; tamén, podería estar relacionado co significado coa forma do corpo da ave,

166

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!