19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Familia Alcidae

arao (ou arao común) Uria aalge

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Arao dos cons foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (4A, 6A, 7A, 11A, 17A, 18A e 11B). Arao ou

arao común foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A).

Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son airo e arau (2A, 10A, 11B e 1D), ou tamén

airo-comum (2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes voces específicas ou xenéricas no

galego falado para se referir en concreto a Uria aalge: arao, en Escarabote, Ézaro, Caminha, Bueu,

Cambados, Carril, Noia, Sardiñeiro, Lira, Abelleira, Portosín, Mogor e Rianxo; arau, en Panxón, A

Guarda, Cangas, Cesantes, Bouzas, Cambados, O Grove, Aguiño, Portonovo, Espasante, Ribeira,

Cariño, Vilanova de Arousa e Muros; araxo, nas Figueiras, Foz, Ribadeo, Burela, Viveiro e Bares; e

aro, en Sada, Mugardos, Ares, Miño, Rinlo, Laxe, Malpica, Muxía, Camariñas, Corme, Caión, Mera,

Pontedeume, Carril e Cedeira (7B). Ademais, existe a expresión popular "berrar coma [ou como] un

arao". M. C. Ríos Panisse recolle a referencia bibliográfica de piro, para se referir a un arao novo, e

tamén outras referencias como macurril, patalino e vilarengo, onde nos se especifica o nome

científico (7B). Por outro lado, unha chea de nomes xenéricos empregados na fala para esta familia, os

alcídeos, están anotados tamén en Alca torda.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas xenéricas arau, definida como unha especie de pato negro,

chamado tamén vilarengo (que logo define como ave mariña e co sinónimo arrau, aínda que despois

nesta entrada non define ave ningunha), e engade a denominación, para cando é novo, de piro; a

entrada aro indentifícaa de maneira insepecífica coa voz castelá colimbo, sen aparente relación coas

outras; as voces airo e pitorro defíneas como ave palmípede, identificándoas coa voz castelá uría. No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as

entradas arau e aro (a segunda nunha das acepcións) para se referir a este grupo de especies; o

termo airo defínese como "ave acuática palmípede"; o termo arro como "páxaro de cor preta que

persegue à sardiña"; na entrada arau inclúese a subentrada arau-dos-cons, denominación referida

concretamente a U. aalge; na entrada airo indica "ave acuática palmípede". O Diccionario de sinónimos

da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle arao

dos cons, arao fito, carolo, guillemote e piro como sinónimos específicos para U. aalge (aínda que

algúns deles poderían referirse propiamente a outras especies da familia, como Alca torda ou Alle alle).

No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas xenéricas

arao (como termo galego e preferente) e arau (como termo galego pero non preferente); emprega o

termo xenérico arao para se referir concretamente a Uria aalge, aínda que despois, na voz airo (termo

galego e non preferente) remite concretamente a arao dos cons (mais non aparece como subentrada

na entrada arao).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Arao e arau téñense recollido na nosa literatura.

Bernardiño Graña, por exemplo, emprega o nome arau en Profecía do mar (1966): "... enriba araus,

albatros ou gavotas agardando un peixiño que alimente...". Xosé Manuel Marínez Oca usa tamén arau

en Beiramar (1983): "Zoarei coma un arau por riba das ondas...". Ou Anxo Quintela, arao, n' O

asasino estrábico (1996): "O arao albisca as luces do nordés...".

● Etimoloxía / motivación semántica. M. C. Ríos Panisse comenta que arao, arau, araxo, aro

etc., poden ter orixe onomatopeica; o nome xenérico vilarengo podería estar relacionado con que se

achegan á costa os días que vai temporal; patalino vén de pato mariño, e pode facer alusión ao seu

parecido ou á pouca axilidade que ten cando camiña (7B). A autora non encontra unha explicación clara

para macurril, talvez relacionado co éuskaro makur, arqueado, e podería referirse ao bico de Alca

torda (7B). Alén diso, o modificador dos cons fai referencia ao seu hábitat mariño. Pitorro pode ter o

matiz de repoludo, gordocho, que ten este vocábulo en portugués, ben indicativo do aspecto desta ave.

carolo Alca torda

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Arao romero foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

165

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!