19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

véxase Sterna albifrons e Sterna sandvicensis. Gaivina e garavita están relacionados con gaivota,

coas que as especies do xénero Chlidonias teñen algún parecido, aínda que son paxaros máis

pequenos. Os modificadores de cara branca, de-faces-brancas ou similares fan referencia ao trazo

físico seguramente máis rechamante desta especie: a plumaxe branca das faceiras; dos-pauis alude

ao seu hábitat: as zonas húmidas con marismas e xunqueiras.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que coa escolla do nome xenérico estándar de gaivina, nome popular portugués e tamén

dalgunha localidade da Galiza, diferéncianse as especies do xénero Sterna e do xénero Chlidonias

(12B).

gaivina negra Chlidonias niger

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán mouro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 6A e 11A). Gaivina negra foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde

Teira (12B); utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde

Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran o nome de carrán negro (10B); tamén se ten empregado ou

recollido nalgunha publicación (8A, 10A, 12A e 14A). Nunha publicación chamóuselle garavita moura

(4A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é gaivina-preta (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións populares

galegas de charrela, galiñela e gaivota nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A).

Tamén cabe a posibilidade que as especies do xénero Chlidonias poidan recibir en galego calquera dos

nomes xenéricos empregados localmente para o xénero Sterna, por seren semellantes.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a semántica dos nomes xenéricos, véxase

Chlidonias hybridus. Os modificadores mouro, negro, preto etc., fan referencia á plumaxe das aves

adultas na época nupcial, moi rechamante, case totalmente negra. Galiñela e gaivota son

denominacións populares que indican un parecido con outras aves.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A escolla do nome

xenérico estándar de gaivina comentouse na especie anterior.

gaivina de á branca Chlidonias leucopterus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán gaiviña foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse nalgunha outra publicación (2A). Gaivina de

á branca foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado

nalgunha publicación ornitolóxica (13A e 15A; con ala en vez de á). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa propuxeran o nome de carrán alibranco (10B), que tamén se ten empregado nalgunha

publicación (10A e 14A). Na segunda guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López utilizouse

o nome de carrán gaiviña (5A). Nunha publicación, garavita negra (4A). Na bibliografía ornitolóxica,

os nomes portugueses son gaivina-d’asa-branca e gaivina-de-cauda-branca (2A, 10A, 1D, 2D e

3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

pupulares, agás a xenérica. É posíbel que as especies do xénero Chlidonias poidan recibir no galego

popular calquera dos nomes xenéricos empregados localmente para o xénero Sterna, por seren

bastante semellantes.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica dos nomes xenéricos, véxase

Chlidonias hybridus. Os modificadores de á branca, alibranco e d’asa-branca fan referencia á

plumaxe das ás das aves adultas na época nupcial, moi rechamante; negra, porque a súa plumaxe

nupcial, no corpo, é tamén case totalmente negra, como a especie anterior; de-cauda-branca, porque

o rabo branco é tamén un trazo moi distintivo desta especie na época nupcial.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. Conde Teira explica

que escolle o nome xenérico de gaivina para diferenciarmos os xéneros Sterna e Chlidonias (12B).

164

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!