19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

anca e andorinha-do-mar-anã (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a denominación popular

galega de charreliña nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). M. C. Enríquez Salido

rexistrou a voz chilreta no Grove referida a "gaivota pequena" (3C). F. Bernis Madrazo rexistrou para

esta especie carranciña e muscateiriña na provincia de Pontevedra (11B). Alén diso, Sterna albifrons

tamén podería recibir na Galiza os nomes xenéricos locais referidos ao xénero Sterna, xa mencionados

en Sterna sandvicensis e Sterna hirundo.

● Dicionarios consultados. Ademais das denominacións xenéricas que se indican en Sterna

sandvicensis, recollen algunhas entradas indicadas como específicas para Sterna albifrons ou que se

poderían referir a esta especie. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial

Sotelo Blanco, trae a entrada gorrucho e o sinónimo pirri (que non ten entrada propia) para se referir

especificamente a Sterna albifrons; a entrada chilreta defínea como gaivota pequena (aínda que

apunta o nome científico de Larus argentatus). No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as entradas mascateira e pirrí para se referir concretamente a esta especie

(a primeira como voz galega e preferente e a segunda como galega e non preferente); a entrada

chilreta defínea como gaivota pequena.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Sterna sandvicensis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a semántica dos nomes xenéricos,

véxase Sterna hirundo. Talvez, semanticamente, gorrucho estea relacionado con goroucho ou

groucho, é dicir, "cousa pequena, insignificancia", dado que é un paxaro moi miudiño. Muscateiriña é

probabelmente unha corruptela de mascateiriña, relacionado co termo mascato, porque Sterna

albifrons tamén se chimpa na auga para pescar dunha maneira que lembra a desoutro paxaro.

Chilreta, carranciña e charreliña teñen orixe onomatopeica tamén, e chaman a atención os

diminutivos, relacionados co tamaño miúdo de Sterna albifrons (é a especie máis pequena da familia).

carrán do Caspio Sterna caspia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán do Caspio foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunha publicación ornitolóxica (8A e 10A). Na

terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, carrán caspio (22A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son garajau-grande, gaivina-do-Cáspio e andorinha-do-margrande

(2A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. Aínda que é unha especie de rara ocorrencia, tamén é posíbel que Sterna

caspia poida recibir no galego popular calquera dos nomes xenéricos empregados localmente para o

xénero Sterna.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a semántica dos nomes xenéricos,

véxase Sterna hirundo. O modificador do Caspio fai referencia á súa área de distribución e grande ao

seu tamaño.

gaivina de cara branca Chlidonias hybridus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán mallón foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou

utilizouse tamén nalgunha publicación ornitolóxica (2A, 6A e 18A). Gaivina de cara branca foi

proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (13A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeron carrán de cara

branca (10B). Nalgunhas publicacións ornitolóxicas aparece co nome de carrán caribranco (8A, 10A,

12A e 14A). Nunha publicación, co nome de garavita careta (4A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son gaivina-dos-pauis e gaivina-de-faces-brancas (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o

primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a denominación popular

galega de charrela nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). F. Vecino Tomás

rexistrou a voz gueivina en Razo, definíndoa como "paxaro semellante á gaivota, pero máis pequeno"

(3C). Tamén cabe a posibilidade que as especies do xénero Chlidonias poidan recibir no galego popular

calquera dos nomes empregados localmente para o xénero Sterna, por seren semellantes.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica de carrán, charrela e mallón,

163

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!