19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

carrán de Forster Sterna forsteri

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán de Forster foi o nome empregado na terceira

guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

gaivina-de-forster (3D).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara ocorrencia na nosa terra e non se lle coñecen,

non sendo os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a semántica dos nomes xenéricos,

véxase Sterna hirundo. O modificador de Forster fai referencia ao naturalista Johan Forster, que

acompañou o capitán Cook nunha viaxe ao redor do mundo no ano 1772 e escribiu un tratado

ornitolóxico sobre as aves da baía de Hudson.

carrán ártico Sterna paradisea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán ártico foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas guías de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén

noutras publicacións (2A, 4A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son gaivina-arctica, gaivina do Árctico e andorinha-do-mar-ártica (2A, 1D e

2D), tamén grafado como gaivina-do-árctico (3D).

● Nomes populares. Aínda que é unha especie menos frecuente que Sterna hirundo e Sterna

sandvicensis, tamén cabe a posibilidade que Sterna paradisea poida recibir en galego calquera dos

nomes xenéricos populares empregados localmente para o xénero Sterna.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia (véxase S. sandvicensis e S. hirundo). No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparece a denominación xenérica de andoriña do mar (como subentrada

na entrada "andoriña") referíndose a algunhas aves mariñas como S. hirundo ou S. paradisea.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase S. sandvicensis.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía e a semántica dos nomes

xenéricos, véxase S. hirundo. O modificador ártico alude ás latitudes onde aniña.

carrán escuro Sterna fuscata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán escuro foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B). Tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A,

13A e 14A). Na segunda guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López utilizouse carrán

fosco (5A); na terceira, carrán fusco (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

gaivina-escura e gaivina-de-dorso-preto (2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie divagante para nós, quere dicir, de aparición excepcional na

Galiza, e non se lle coñecen denominacións populares non sendo a de carrán ou as outras xenéricas.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia (véxase Sterna hirundo e Sterna sandvicenisis).

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a semántica dos nomes xenéricos,

véxase S. hirundo. Todos os modificadores fan referencia á cor negra da súa plumaxe nas partes

dorsais, moi característica.

carrán pequeno Sterna albifrons

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pirrí foi o nome proposto por C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na segunda

guía de aves destes autores (5A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(2A, 4A, 7A e 18A). Carrán pirrí utilizouse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A), na terceira guía de

Penas e Pedreira (22A) e noutras publicacións (6A e 11A). Carrán pequeno foi a denominación

proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

recollido ou empregado nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son chilreta, gaivina-pequena, andorinha-do-mar-de-testa-

162

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!