19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

carrán rosado Sterna dougallii

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán firrete foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas úñtimas guías de aves destes autores e recolleuse noutra publicación ornitolóxica (2A, 5A

e 22A). Carrán rosado foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A,

14A, 15A e 16A). Nunha publicación utilizouse carrán de Dougall (4A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son gaivina-rosada, gaivina-rósea ou andorinha-do-mar-rosada (2A, 1D, 2D

e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. Aínda que na nosa terra é unha especie moito menos frecuente que Sterna

hirundo e Sterna sandvicensis, é posíbel que Sterna dougallii poida recibir popularmente calquera dos

nomes xenéricos empregados para o xénero Sterna.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios revisados recóllense as denominacións xenéricas que

se indican noutras especies desta familia (véxase S. hirundo e S. sandvicensis).

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a semántica dos nomes xenéricos,

véxase S. hirundo. O modificador rosado fai referencia á tonalidade da plumaxe na época nupcial. O

modificador de Dougall, presente tamén no nome científico, fai referencia ao naturalista escocés

MacDougall, que describiu por primeira vez esta especie no ano 1812.

carrán común Sterna hirundo

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán carrán foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 11A e 18A). Carrán común foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 17A); tense recollido ou empregado en varias publicacións

(6A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

gaivina ou gaivina-comum e andorinha-do-mar-comum (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o segundo con

máis frecuencia).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes voces na fala para se referir a

Sterna hirundo: anduriña de mar, en Malpica e Bueu; cachizo, en Foz; carrán, en Panxón, Burela,

Cambados, Vilanova de Arousa, Escarabote, Ézaro, Ribeira, Bueu, Noia, Sardiñeiro, Lira, Rianxo, Carril,

O Grove, Portonovo, Aguiño e Abelleira; carrapín, en Cariño; carrau, en Burela, Corme, Camariñas,

Bares, S. Cibrao e Foz; carricoche, en Ares; carrín, en Foz; casildita, en Mera; curricurrán, en

Malpica; perrí, en Pontedeume e Sada; pirrí, en Sada e Miño; quilí-quilí, en Espasante; quirlán, en

Muros; quirrán, na Guarda; quirrín, en Caión, e raquín, nas Figueiras (7B). Por outro lado, F.

Fernández Rei recolleu en Cariño a voz carrau para se referir especificamente a S. hirundo (3C). M. C.

Ríos Panisse, aínda comentando que as denominacións anduriña do mar, carrán, carrau, carriza,

carrizo e quirrán fican sen especificar en certas localidades, pensa que nalgunhas tamén se poderían

referir a S. hirundo (7B). Ademais, esta especie podería recibir os nomes xenéricos inespecíficos

indicados en S. sandvicensis. No refraneiro popular galego tamén se recolle a palabra carrán.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios revisados, alén das denominacións xenéricas que se

indican en S. sandvicensis, recollen algunhas entradas indicadas como específicas para S. hirundo ou

que se poderían referir a esta especie. Concretamente, no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparece a denominación xenérica de andoriña do mar (como subentrada

na entrada "andoriña") para se referir a algunhas aves mariñas como Sterna hirundo ou S. paradisea;

tamén inclúe as entradas carrán (como voz galega e preferente), que se refire exclusivamente a S.

hirundo, e carricha (como voz galega e non preferente), que remite a carrán.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase S. sandvicensis.

● Etimoloxía / motivación semántica. M. C. Ríos Panisse comenta que as denominacións

carrán, curricurrán, quilí-quilí, carrapín, carrín, quirlán, quirrín etc. son onomatopeicas, aluden

á voz que emite este paxaro, sonora, e característica por ter moitos "r" (7B). M. C. Rios Panisse explica

tamén que casildita é unha denominación retranqueira (7B). O nome de andoriña do mar e similares

son por causa do parecido cunha andoriña, coa que ten certa semellanza física na forma das ás e da

cola. Alén diso, o nome gaivina é un diminutivo de gaivota e alude á semellanza e relación de tamaños

entre eles; común, xa o di a palabra, é unha das especies máis frecuentes de carrán no noso litoral.

Non se encontrou unha explicación sobre a orixe ou o significado da denominación xenérica portuguesa

garajau (talvez sexa onomatopeica, malia non ter o característico "r").

161

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!