19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

(nunha acepción) e o sinónimo mallón, aínda que na entrada mallón indica tamén "gaivota nova

acastañada" e a especie Larus fuscus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle andoriña do mar, carrán, carrán-carrán,

carricha, chirlo, coi-coi, coicoi, firrete, gorrucho, mascateira, pirrí e quirlán como sinónimos

inespecíficos para o xénero Sterna (a pesar de que apunta o nome científico Sterna albifrons,

evidentemente son sinónimos todos de carrán, de modo xenérico). No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Sterna

hirundo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. No refraneiro popular mariñeiro emprégase de

modo xenérico a palabra carrán:

"Carrán na praia, sinal de vento e auga."

Canto á literatura de autor, Silverio Cerradelo utiliza carrán n' Os paxaros tamén migran ao sur

(2007): "Xa logo os carráns, as píllaras e as gaivotas han de empezar a criar na península...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista etimolóxico e semántico, M. C. Ríos

Panisse comenta que as denominacións carrán, carrulo, carrau, carriza, carricha, currito, pirrí

etc. son onomatopeicas, aluden á voz que emite este paxaro, sonora, bisílaba e característica por soar

con moitos "r" (7B). M. C. Rios Panisse explica tamén que carlitos, alén de onomatopeica, é unha

denominación retranqueira; ferrete é a punta metálica que se pon en fitas, cordóns etc., e alude ao

bico da ave, que é máis longo do que noutras especies similares (vén do latín ferru); golosa, citando a

Corominas, deriva do laín gula, gorxa, e estaría motivada pola voracidade do paxaro (gula é tamén

outra denominación para Sterna sandvicensis); mascateira deriva do galego mascato, Morus

bassanus, e estaría motivada polo parecido entre as dúas aves na característica maneira de pescar:

chímpanse á auga desde o alto para pillaren os peixes; picapeixe tamén fai referencia ao hábitos

pescadores deste paxaro (aínda que é unha denominación propia doutra especie, Alcedo atthis);

serrucho trátase da identificación do son que fai o paxaro co son dunha serra de man; mallón é un

nome que se lle aplica tamén ás gaivotas novas, relacionado con mallar, e que pode ter relación coa

maneira de comer ou de disputar as presas aos compañeiros (7B). Alén diso, o nome de andoriña do

mar e similares son por causa do parecido cunha andoriña, coa que ten certa semellanza física na

forma das ás e da cola; o modificador cristado fai referencia ao característico curucho de plumas que

este paxaro ten na caluga. Canto a gavita e garavita, M. C. Ríos Panisse explica que derivan do latín

gavia, gaivota, palabra seguramente de orixe onomatopeica (7B). Non se encontrou unha explicación

sobre a orixe ou o significado da denominación xenérica portuguesa garajau (talvez sexa

onomatopeica, malia non ter o característico "r").

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto de gavita

e garavita, véxase Haematopus ostralegus.

carrán elegante Thalasseus elegans (=Sterna elegans)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán elegante foi o nome empregado na terceira

guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara ocorrencia na nosa terra e non se lle coñecen,

excepto os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a semántica dos nomes xenéricos,

véxase Sterna hirundo. O modificador elegante probabelmente fai referencia ao aspecto que lle dá a

forma estilizada do seu corpo.

carrán bengalés Thalasseus bengalensis (=Sterna bengalensis)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán bengalés foi o nome empregado na terceira

guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

garajau-pequeno (2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara ocorrencia na nosa terra e non se lle coñecen,

non sendo os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a semántica dos nomes xenéricos,

véxase Sterna hirundo. O modificador bengalés fai referencia á súa área de distribución.

160

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!