19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

características do seu bico, que o distinguen doutras especies. Non se encontrou unha explicación para

as denominacións portuguesas tagaz e chagaz; poderían ser onomatopeicas e reflectir a voz desta

ave.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que a voz mascateira emprégase en Panxón, A Guarda e Cangas, mais non para se referir a

Gelochelidon nilotica, que é unha especie rara, senón para denominar especificamente a S.

sandvicensis (12B), como tamén recolle Ríos Panisse (7B).

M. A. Conde Teira tamén comenta que o nome de carrán de bico curto se corresponde mellor

coas características da especie que carrán de bico groso (12B).

carrán cristado Thalasseus sandvicensis (=Sterna sandvicensis)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Carrán cristado foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse

tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (4A, 6A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e

18A). En Portugal, Sterna sandvicensis recibe o nome de garajau ou garajau-comum (2A, 10A, 1D e

2D) e tamén garajau-de-bico-preto (3B e 3C).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes voces específicas ou xenéricas na

fala para se referir a Sterna sandvicensis: carlitos, en Muros; carrán, en Portosín e Sada; carrula, en

Abelleira; carrulo, en Mogor; currito, en Mera; chirlante, en Cesantes; chirlero, nas Figueiras;

chirlo, en Portonovo, Cangas, Bueu, Portosín, Abelleira e Rinlo; churrí, en Ares e Mugardos;

churrique, en Mugardos; churrito, en Mera; ferrete, en Sada, Ares e Pontedeume; golosa, escrito

con "j" para indicar a gheada, na Guarda; mascateira, en Panxón, A Guarda e Cangas; picapeixe

(sen especificar localidades); quirrán, na Guarda, e serrucho, en Laxe (7B). Alén diso, Ríos Panisse

tamén rexistrou para este grupo de especies os seguintes nomes xenéricos (basicamente especies do

xénero Sterna, aínda que tamén é posíbel que se apliquen ás veces aos xéneros Gelochelidon e

Chlidonias, semellantes a Sterna): carrán, carrau; carrulo, carriza, carrizo, quirlán, quirrán,

chirlo, pirrí, ferrete, mallón, gula, golosa, escrito con "j" para representar a gheada, anduriña ou

andoriña de/do mar (7B). No entanto, Ríos Panisse, aínda comentando que as denominacións

carrulo, chirlo, gula, golosa, mallón e quirrán fican sen especificar en certas localidades, pensa que

nalgunhas tamén se poderían referir a S. sandvicensis (7B). Por outro lado, M. C. Alonso Pérez

rexistrou tamén o nome xenérico carrán en Escarabote e A. Pérez Cid en Marín (3C). F. Bernis Madrazo

rexistrou os xenéricos carrín, carrán e carrao nas costas da Coruña e de Lugo (11B). A. Pérez Cid

rexistrou ademais outro nome xenérico, carricha, en Marín (3C). M. C. Enríquez Salido rexistrou a voz

chilreta no Grove referida a "gaivota pequena". F. Vecino Tomás recolleu gueibina no galego de Razo-

Baldaio como pájaro semejante a la gaviota pero más pequeño (3C). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López apuntan tamén os nomes xenéricos de carrán, quirlán, pirrí, firrete, mascateira, gorrucho,

coicoi e anduriña do mar (1A). C. D. Romai Cousido (comunicación persoal) recolleu gavita e

garavita como denominacións propias do xénero Sterna na Costa da Morte. M. C. Ríos Panisse

rexistrou as denominacións de garavita (escrito con "j" para marcar a gheada) no galego de Corme, e

gavita no galego de Ézaro, Muxía, Laxe, Camariñas, Malpica e Sardiñeiro (7B), sen identificar a que

especie ou especies exactamente se refire. Por outro lado, no refraneiro popular galego tamén se

recolle a palabra carrán (véxase uso dos seus nomes na nosa literatura).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas: carrizo, nunha das acepcións definida como especie de

gaivota pequena, aínda que é unha denominación tamén propia de Troglodytes troglodytes; carrau,

definida como gaivota pequena; carrán, coa defininión de ave mariña parecida á gaivota e tamén como

sinónimo doutra especie de paxaro, o cirrio, nalgunhas localidades galegas; carrulo, como ave mariña

do tamaño dunha gaivota pequena, e cos sinónimos chirlo e mallón; chirlo, definíndoa nunha das súas

acepcións como ave mariña e remitindo a carrulo; mallón, definíndoa nunha das súas acepcións como

ave mariña e remitindo a carrulo. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F.

Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, na entrada castelá gaviota, apunta as voces galegas

carrau e carrizo, como ave do mesmo xénero pero máis pequena. O Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae as entradas: carrán como termo xenérico para

se referir a este grupo de especies, e tamén coas acepcións "gaivota vella" e "vencello, círrio, páxaro

hirundíneo semellante à andoriña"; carrizo, nunha das acepcións, para se referir a gaivota pequena

(carrizo é así mesmo unha denominación propia dun paxariño pequeno, Troglodytes troglodytes);

ademais, para se referir especificamente a S. sandvicensis, trae as entradas churri, carrulo, carrula

(nunha das acepcións; outra acepción é "clase de gaivota pequena"), chirlo (nunha das acepcións),

chirlante (definida como ave máis coñecida por chirlo e identifícaa con S. sandvicensis), ferrete

159

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!