19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

C. Pedreira López (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (4A,

6A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

gaivotão-branco e gaivota-hiperbórea (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo a xenérica de gaivota.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas xa apuntadas en Larus

michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. O modificador hiperbóreo fai referencia á súa área de distribución, onde cría; de altura,

a que se observa en lugares afastados da costa; branco, á cor da súa plumaxe. Gaivotão indica que o

seu tamaño é moi grande.

gaivotón Larus marinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivotón foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas dúas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López e recolleuse e empregouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (1A, 2A,

4A, 5A, 10A, 6A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e 11B; nalgunha, gaivotón común); na terceira

guía de Patiño e Pedreira, gaivotón atlántico. En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran a denominación de gaivota grande, a mesma que ten en portugués (10B). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son gaivota-grande e gaivotão-real (2A, 1D, 2D e 3D; o

segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. F. Bernis Madrazo comenta que na provincia de Pontevedra a voz ganso,

entre pescadores, pódese referir a gaivotas grandes, como por exemplo L. marinus (11B). Outras

denominacións xenéricas populares, que se poderían aplicar tamén a esta especie, están comentadas

en Larus michahellis e Larus fuscus.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, recóllense as denominacións xenéricas xa apuntadas en Larus

michahellis. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

recolle a voz gaivotón para se referir especificamente a L. marinus. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada gaivotón referida a L. marinus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de gaivota na nosa literatura,

véxase Larus michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase Larus

michahellis. Os nomes gaivotón e ganso, e tamén o modificador grande, aluden ao seu tamaño; real

é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificarmos como especies, e

que ás veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, pode ser

nesta especie por ser fisicamente máis grande; o cualificativo atlántico fai referencia á súa área de

distribución; o cualificativo común é porque, dentro dos gaivotóns, é o único que se presenta con

frecuencia nas nosas costas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

comenta que o nome de gaivotón se xustifica polas características da especie; gaivotão é tamén o

nome dun lárido semellante, Larus dominicanus, no Brasil; está rexistrada ademais como popular en

Póvoa de Varzim (12B).

garrucho Rissa tridactyla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota tridáctila foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de aves de

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A,

12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e 18A). En Portugal tamén recibe o nome de gaivota-tridáctila (2A,

10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes denominacións vivas na fala para

se referir especificamente a Rissa tridactyla: garrucho, en Cedeira e Espasante; guerrucho, en

Cedeira; gurriña, en Rianxo, e gurrucho, en Cariño, todas elas escritas con "j" para marcar a gheada

(7B). Por outro lado, F. Fernández Rei rexistrou a voz gurrucho en Cariño, identificándoa coa

inespecífica voz castelá correcaminos común, e talvez se estea a referir tamén a Rissa tridactyla (3C),

157

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!