19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

galego falado referidas, segundo a autora, a Larus fuscus, aínda que son abondo inespecíficas e

poderían facer referencia tamén a Larus michahellis, Larus argentatus ou outras especies (7B). Son as

seguintes: gaivota, en Bares, Foz, Bubela e Caminha, e tamén escrito con "j", para marcar a gheada,

en Sada, Bares, San Cibrao, A Guarda, Espasante, Cariño, Portonovo, O Grove, Cambados, Cesantes,

Abelleira, Mogor, Corme, Malpica, Miño, Carril e Vilanova de Arousa; gaviota, en Cedeira, As Figueiras,

Ares, Rinlo, Burela e Ribadeo, e tamén gaviota (escrito con "j" para marcar a gheada) en Laxe, Muxía,

Pontedeume, Ézaro, Carril, Abelleira, Mugardos, Viveiro, Cedeira, Corme, Ares e Miño; gueivota, en

Foz, e tamén escrito con "j" para marcar a gheada en Caión, Mera, Cambados e Corme; gaveota,

escrito con "j" para marcar a gheada, en Laxe e Muxía; gavota, escrito con "j" para marcar a gheada,

en Cangas, Panxón, Escarabote, Camariñas, Aguiño, Bouzas, Bueu, Noia, Muros, Ézaro, Sardiñeiro,

Lira, Rianxo, Portosín e Ribeira, e galiña do mar, recolle a referencia como inespecífica, referida a

gaivota, sen indicar localidade (7B). M. C. Ríos Panisse especifica tamén denominacións para as

gaivotas novas, que teñen unha cor castaña: gaivoto, escrito con "j" para marcar a gheada, en Bares;

guillán, escrito con "j" para marcar a gheada, en Malpica; guillén, escrito con "j" para marcar a

gheada, en Corme; mallón, en Muxía; papón, na Guarda e Caminha; e tamén maroto, recolle a

referencia, sen estar indicada a localidade, o mesmo, como nome para o polo da gaivota (7B). Tamén

recolle a referencia da voz meauca, sen ter a seguridade se se está a referir a unha ave adulta ou a

unha ave nova (7B). Outras denominacións xenéricas populares, que se poderían aplicar a esta especie,

están comentadas en L. michahellis.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as entradas xenéricas apuntadas en L. michahellis. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, recolle a voz

papón, nunha das acepcións, para se referir xenericamente a gaivota e dá como nome científico L.

fuscus. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe na entrada

xenérica gaivota a subentrada gaivota escura, nome que identifica con L. fuscus. Na entrada "galo"

inclúe a subentrada galo mariño, denominación con que se refire xenericamente a gaivota.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de gaivota na nosa literatura,

véxase L. michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. M. C. Ríos Panisse explica que guillán e guillén parecen de orixe onomatopeico; mallón

estaría relacionado con mallar, talvez porque se pelexa por as presas coas outras gaivotas

compañeiras; meauca tamén podería estar relacionado con mallar, porque en meau é o nome da

correa que une as dúas pezas do mallo, ou talvez con meao, meá, mediano, mediana, ou sexa,

referirse á gaivota mediana, a gaivota aínda nova, de plumaxe castaña; papón ten a ver con papar,

por ter esta ave fama de comellona; galiña do mar e galo mariño aluden a un certo parecido entre

unha gaivota e unha galiña ou un galo, mesmo tamén no grito nasal que dan (7B). M. C. Ríos Panisse

comenta sobre maroto que a etimoloxía é incerta, talvez teña algunha relación con mar ou talvez o

significado de trasno, trasgo, que se mete en situacións de perigo (7B). De-asas-escuras, escura e

similares teñen a ver coa plumaxe escura dos adultos nas partes dorsais, por riba das ás, que é moi

rechamante, pois contrasta co resto do corpo branco.

gaivota polar Larus glaucoides

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota polar foi o nome proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (4A, 6A, 10A,

12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 17A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son gaivotabranca

e gaivota-polar (2A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo a xenérica de gaivota.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas xa apuntadas en Larus

michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. O modificador polar fai referencia á súa área de distribución, onde cría, e branca á cor da

súa plumaxe.

gaivota hiperbórea Larus hyperboreus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota de altura foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B).

Recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Gaivota hiperbórea foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B). Empregouse nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e

156

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!